Mancomunidade da Farbuda

2016

Acción de guerrilla de comunicación en contra da plantación masiva de eucaliptos en Galiza. Este fake, que facía crer da existencia de coalas na comarca de Ordes, foi impulsado a través dunha conta de Facebook, coa falsa identidade dunha mancomunidade chamada Farbuda (“Bu-far-da”). A acción, que tivo unha importante repercusión na rede e causou moito interese nos medios de comunicación galegos e estatais chegando a publicarse en moitos deles, foi desmentida o 1 de abril (Día Internacional das Brincadeiras). A acción contou con moitas persoas colaboradoras que se prestaron para participar no material audiovisual, na difusión da acción e na correcta documentación do proxecto.

O proxecto formou parte da exposición Plaga, no Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona (MACBA) no ano 2020, comisariada polo Grupo de Investigación de Ecologías Culturales 2019-2020.

A acción da Mancomunidade da Farbuda tamén foi publicada no caderno de fotografía Caleidoscópica no número 6, Ficções, do ano 2021.