O TEU MACHISMO DÁ NOXO #senprórroga
2023
Campaña de comunicación para o 25N composta por deseños para redes sociais, vídeos, proxeccións na rúa e materiais gráficos para diferentes aplicacións. O noxo articula a campaña nos seus dous piares: por un lado, as diferentes formas de violencia na mocidade e por outra banda, no deporte. A partir da conexión cunha emoción preténdese crear movemento, conmover e, no fin, mobilizar e sensibilizar. Un total de 13 deportistas locais protagonizan as pezas audiovisuais da campaña nas que se implicaron tamén os seus clubs.
Cliente: Concello de Santiago de Compostela
Lonas, vasos e sacas de papel, manteis para hostalaría, vinilos para o comercio, marquesiñas e traseiras dos urbanos foron algúns dos elementos e lugares nos que se difundiu a campaña.
Súmanse tamén catro proxeccións en emprazamentos chave da cidade, nas que se lanzan preguntas directas e incisivas co obxectivo de facer reflexionar sobre as agresións sexuais en relación ao lugar que se habita ou transita no día a día.