OLLADAS SOBRE O MUSEO: ANIMACIÓN, FOTOGRAMA A FOTOGRAMA
2013
Intervención feita para o Museo do Pobo Galego na que reinterpretamos o espazo museístico desde a disciplina da animación. Reflexionamos, con stop-motion e animación 2D, sobre catro temas da nosa etnografía: recursos, migración, feísmo e tradición oral. Estas animacións foron proxectadas como instalacións nun percorrido guiado a través de diversos elementos.
Cliente: Museo do Pobo Galego







