SAÚDE, PRACER, REPÚBLICA E TERRA MALVA
2025
Investigación arredor de Lola Ferreiro Díaz, figura clave na psiquiatría, na educación, na recuperación da memoria e un dos piares fundamentais dos activismos feministas na Galiza. Loitou polos dereitos das mulleres e estableceu relacións de coidado e acompañamento a moitas persoas e institucións creando unha rede de afectos e vínculos que deixou gran pegada logo do seu pasamento. Trátase dunha iniciativa de Ute-pías Feministas, un colectivo formado por Feitoría Verde, Arabías, Atalaias, Libraría Lila de Lilith e Illa Bufarda. Este proxecto foi gañador do Premio Luísa Villalta 2025 da Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega.

Deseñamos a identidade gráfica do proxecto e os contidos para as redes sociais. Tamén realizamos a web narepublicamalva.gal, o espazo virtual que recolle a investigación arredor de Lola Ferreiro Díaz no que tamén incluímos varios colaxes feitos na Illa Bufarda.
O nome do proxecto é unha frase de Lola coa que sempre pechaba os brindes: “Saúde, pracer, república e terra malva!”








