ILLA BUFARDA
Entre o Mar Cantábrico e o Océano Atlántico emerxe no 2012 a Illa Bufarda. Dende a súa eclosión caracterizouse por ser un territorio fértil grazas ás fortes mareas, aos ventos mainos e a unha temperatura e humidade constantes.
Ao atravesar a súa paisaxe atópanse diversidade de proxectos audiovisuais que fan aumentar a súa superficie, fenómeno singular caracterizado por unha estratificación de sedimentos en múltiples formatos dixitais. A Illa Bufarda, rica en minerais e vexetais e en constante comunicación co exterior, consolídase coa experiencia de anos no sector creando un sen fin de realidades e ficcións.