ADRIANA P.VILLANUEVA
PILARABADES
SABELAIGLESIAS
Escoitar. Adoro cando a xente enreda en detalles pequenos dunha historia e volve á trama principal facendo xiros e reviravoltas dun conto cotiá. Observar. É incrible como se pode adestrar o ollo para desfacer os movementos en 24 fps e como se lle pode dar vida ao estático. Aprender. Dende que habito a Illa Bufarda enchóupome de saberes, alimento a miña curiosidade con cada proxecto, descubro que hai moitas formas e técnicas para contar unha historia e que co traballo en equipo os proxectos sempre gañan.
ADRIANA P. VILLANUEVA
Chego á Illa Bufarda no 2019 aínda que levo vinculada á fotografía e ao audiovisual por máis dunha década. Ademais dos procesos de creación colectivos, de imaxinar historias e de escribir guións, do que máis desfruto é das rodaxes, tras das cámaras, compoñendo planos e observando histogramas. Na memoria, nos arquivos familiares e nas biografías atopo inspiración para os meus proxectos individuais.
PILAR ABADES
Nacín en Xanceda na primavera do 87. De pequena quería ser mestra de pintura ou tendeira pero descubrir o Movie Maker foi un punto de xiro. Adoro a fotografía, o deseño gráfico, as colaxes, as plantas e as cereixas. Pisei por primeira vez a Bufarda no ano 2012 e souben que era un lugar para ficar. Gosto de facer traballo de campo, das gravacións e de escoller unha forma entre mil coa edición. Esta illa é para min un territorio de exploración e ilusión, mais tamén de traballo e perseveranza. A Bufarda é sustento.
SABELA IGLESIAS