Altas Luces. Fotografía | Mirada | Xénero

2024-2025

Altas Luces quere traer á fronte a ollada das mulleres silenciadas na historiografía da arte en Galicia. Ao igual que se leva facendo noutras facetas artísticas e profesionais, cómpre contribuír a encher ese gran baleiro de referentes neste eido. Un baleiro que alimenta tamén unha situación de desigualdade na actualidade: falta de referentes, visibilidade e proxección do traballo das fotógrafas actuais. 

Tamén pretende facer unha reflexión máis fonda sobre a ollada e a dirección que esta tivo ao longo da historia e como axudou a afianzar roles e estereotipos de xénero machistas aínda hoxe plenamente vixentes. A existencia dunha mirada hexemónica na fotografía, na literatura, no audiovisual… determina e contaxia a forma de ver o mundo, cun prisma concreto ao desexo do sistema patriarcal. A mirada dos homes foi, e segue a ser, maioritaria e dese ollar parte a representación do mundo e das persoas retratadas, na súa maioría, mulleres.

Altas Luces atópase actualmente en proceso de documentación e preprodución.

Este proxecto foi galardoado o Premio Luísa Villalta pola Deputación da Coruña en 2024.