APEGO

2017

Material audiovisual para o Apego, un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.  Realizamos o vídeo promocional e un vídeo explicativo para aclarar como darse de alta no servizo e que beneficios achega ás familias.  Os vídeos contan con pequenas animacións en 2D feitas s a partir dos elementos da imaxe gráfica do proxecto.

Cliente: Programa Apego

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 2 min.

Música: Moliñeira de Bazal de Orquestra de Jazz de Galicia e Care Free Ukelele de Seastock

Subtítulos: galego