PATRIMONIO HABITADO

2016

Patrimonio Habitado viaxa polo patrimonio inmaterial da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés empregando como guía a memoria da súa veciñanza. Percorremos os seis concellos da RBTGX (Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños) na procura de relatos en primeira persoa sobre formas de vida, oficios e festexos, e atopamos elementos patrimoniais que, xunto coas serras, ríos e monumentos, definen e outorgan identidade a este territorio.

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Xénero: Documental, road movie

Duración: 47 min.

Subtítulos: galego e castelán

Dirección: Illa Bufarda

Guión: Illa Bufarda e Maos Innovación Social

Produción: UTE Feitoría Verde – Maos Innovación Social

Gravación, edición e postprodución: Illa Bufarda

Música: Kérkennai e A Quenlla