ALTAS LUCESFotografía | Mirada | Xénero
2025
Altas Luces é un encadre doutros posibles, un filme determinado. Un ensaio que indaga nas relacións entre a arte fotográfica e a expresión do desexo desde unha ollada feminista. Historiadoras da arte, fotógrafas e creadoras visuais debullan a historia das imaxes e da representación dos corpos, ao tempo que revelan as sombras das que, tras da cámara, se atreveron a mirar. Altas Luces é un proxecto que vai máis aló do propio documental e dispón doutros materiais divulgativos difundidos nas súas RRSS: material gráfico que profundiza sobre a vida e obra das pioneiras da fotografía en Galiza, material reflexivo sobre o acto fotográfico no ámbito persoal e familiar e entrevistas con diversas fotógrafas en activo, que dan conta das miradas diversas que configuran o actual panorama fotográfico galego. Altas Luces é un proxecto galardoado co Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade 2024 da Deputación da Coruña.
Dirección: Illa Bufarda
Financiación: Deputación Provincial da Coruña
Patrocinio: Deputación Provincial de Lugo
Participan: Charo Lopes (xornalista e fotógrafa), Fernanda Padín (Autora do blog Fotógrafas Pioneiras), Jennifer Novoa (historiadora da arte), Mar Caldas (artista visual), Margarita Ledo (cineasta, xornalista e escritora) e Sabela Fraga (historiadora da arte).
Voz en off: Iria Pinheiro
Estudo de gravación: A Ponte Estudio
Música: Macarena Montesinos, Núa do Álbum Núa, Soa do Álbum Núa e Before the light, co artista sonoro Ranter’s Bay, do Álbum Boogie Desert (songs for a post-apocalyptic western)
Subtítulos ao galego e ao castelán: A Sorregueira Cultura e Tradução
Subtítulos ao inglés: Claudia Sáenz










