PRONÚNCIATE! CON NOMES E APELIDOS EN GALEGO

2026

Deseño da campaña de comunicación para promover a restauración dos nomes e apelidos en galego. Trátase dunha iniciativa que non está ligada a unha data concreta polo que é importante que poida perdurar no tempo e de acompañar tanto á militancia do partido como á sociedade en xeral no proceso de recuperación dos nomes e apelidos en galego. Cunha identidade visual clara e materiais atemporais, pretende ofrecer ferramentas útiles, accesibles e motivadoras para dar este paso. A campaña quere ter un carácter excepcional e mobilizador: agora, é o momento. Visibilizamos que cambiar é sinxelo, necesario e que supón recuperar a nosa liberdade, identidade e memoria colectiva, nun acto de xustiza e aliñación de valores.

Cliente: Bloque Nacionalista Galego

Ademais dos materiais audiovisuais, elaboramos os seguintes elementos gráficos: cartel, díptico, pegatinas para coche, lápices, banners para prensa e deseños para redes sociais.

Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center