NEGRO PÚRPURA

2021

Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do cláviceps purpúrea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época.  Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD.  Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 82 min

Lingua orixinal: galego, español, inglés e alemán

Subtítulos: galego, castelán e inglés

Xénero: documental

Dirección e guión: Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva

Traballo de campo: Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva

Produción: Illa Bufarda

Gravación: Illa Bufarda

Dirección na rodaxe: Sabela Iglesias

Dirección de fotografía: Pilar Abades

Axudante de cámara: Sabela Iglesias

Son directo: Adriana P. Villanueva

Posprodución de son: Marco Maril

Banda Sonora Orixinal: Paulo Pascual Castro

Efectos especiais: Adriana P. Villanueva

Edición e montaxe: Sabela Iglesias

Posprodución: Adriana P. Villanueva

Voz en off: Dolores Castro Viaño, Toni Salgado, Xosé Barato, Bernardo Casado, Paco Barreiro, Txema Regalado, Matthias Rehrl e Oliver Besthorn

Estudo de gravación: Estudio A Ponte e Trágora Voice Over

Deseño gráfico: Pilar Abades

Deseño web: Brétemas Comunicación

Subtitulación: A Sorregueira Cultura e Tradução, Raquel Senra Fernández e Matthew Craig Newton

Prensa: Alberto Ramos (micromecenado) e Begin Again Films (distribución)

Distribución: Begin Again Films

Financiado por: 276 persoas e entidades a través de micromecenado, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra, Deputación de Lugo, Concello de Maside, Concello do Barco de Valdeorras e Concello de Mesía

Co apoio de: Museo do Pobo Galego, Museo Etnográfico da Limia, Asociación Antropolóxica Galega, e Asociación de Estudos Históricos Hume