O LATEXO DO TEMPO HUMANO. TRES PEZAS, TRES ARTESÁNS

2019

Documental que nos aproxima á materialidade efémera das comunidades da Idade do Ferro, en concreto á cultura material feita en madeira. A culler que vai á boca, a vasilla que contén o alimento e o cesto que permite almacenar e transportar, son dos obxectos menos coñecidos a nivel arqueolóxico pero que nos transportan directamente á vida cotiá das comunidades pasadas.

Cliente: Universidade de Santiago de Compostela

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 22 min.

Subtítulos: castelán e inglés

Reparto: María Martín Seijo, Tito Ledo, Lolo de Severiano e Lola Tourón

Axudante de cámara: Brân González Patiño

Música: Pour l’enfant perdu do álbum Método Cardiofónico de Germán Díaz

Subtitulación: A Sorregueira e Árbore Azul