QUE A VERGOÑA SEXA DELES. PARA NÓS, O BENQUERER
2024
Deseño da campaña de comunicación para o concello de Arzúa con motivo do 25N.
A idea central responde á necesidade e desexo de visibilizar que a vergoña debe cambiar de bando e que se deconstrúa o perfil estereotipado dos homes maltratadores. Búscase concienciar á sociedade arredor da violencia de xénero ofrecendo datos, que trasladados ao territorio que nos ocupa, poidan ter un impacto sobre os diferentes tipos de maltrato. A intención é rachar co silencio e convidar ao pobo a non ser cómplice ante a violencia cara as mulleres. Esta campaña tamén propón unha alternativa: ser do benquerer para relacionarnos de xeito respectuoso, feminista e igualitario.
Cliente: Concello de Arzúa
Elaboramos os diferentes aplicativos gráficos tales como: elementos para redes sociais, díptico das actividades que o concello ofrece polo 25N, carteis das actividades, bolsas para os comercios, manteis para os bares de Arzúa, muppies e unha lona para o concello fixeron visible esta campaña no municipio.