DELAS FEST 2024

DELAS FEST

2024

Vídeo promocional do Delas Fest 2024, festival feminista internacional de arte urbana e contextual.

Cliente: 7H Coop

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 3 min.

Lingua orixinal: galego

Subtítulos: galego

Xénero: promocional

Dirección, guión, gravación e edición: Illa Bufarda

Subtítulos ao galego: A Sorregueira Cultura e Tradução

Interveñen: Pri Barbosa, Rame 13, Paula Calavera, Lupita Hard, Nana, Raquel Cermade e Smile.Scq.

Música: Atakando do álbum Aquí están as que ghritan de Flow do Toxo e In Hip Hop de Vivaleum


OLLADAS SOBRE O MUSEO: ANIMACIÓN, FOTOGRAMA A FOTOGRAMA

OLLADAS SOBRE O MUSEO: ANIMACIÓN, FOTOGRAMA A FOTOGRAMA

2013

Intervención feita para o Museo do Pobo Galego na que reinterpretamos o espazo museístico desde a disciplina da animación.

 

Reflexionamos, con stop-motion e animación 2D, sobre catro temas da nosa etnografía: recursos, migración, feísmo e tradición oral. Estas animacións foron proxectadas como instalacións nun percorrido guiado a través de diversos elementos.

Os elementos que guiaron ao público dunha proxección a outra polo Museo do Pobo Galego foron: follas de eucalipto, fío branco, cascallos e barcos de papel.


FESTAS DO BARRIO DE SAN PEDRO

FESTAS DO BARRIO DE SAN PEDRO

2015

Animación resultante do stop-motion colectivo realizado dentro da programación das Festas do Barrio de San Pedro, Santiago de Compostela, baixo o lema “Vén animar a festa”.

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 1 min.


A FÁBRICA DE CARMELA [A GRAMOLA GOMINOLA]

A FÁBRICA DE CARMELA, A GRAMOLA GOMINOLA

2018

Videoclip en animación stop-motion con papel do tema “A Fábrica de Camela” de A Gramola Gominola.

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 4 min.

Xénero: videoclip


AS AVENTURAS DE PO

AS AVENTURAS DE PO

2020

Serie web de animación realizada para o Programa Apego, proxecto para a socialización en galego de crianzas entre 0 e 6 anos. En cada capítulo das Aventuras de Po aprendemos unha morea de cousas grazas ao polbo Po e a todos os nenos e nenas que comparten os seus saberes.

 

Cliente: Programa Apego

Duración: 6 capítulos de 2 min.

Finalista Mestre Mateo 2017 mellor serie web

Voz de Po: Rocío González

Música: Beetle Grinder de Serge Ozeryan


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center