SAÚDE, PRACER, REPÚBLICA E TERRA MALVA

SAÚDE, PRACER, REPÚBLICA E TERRA MALVA
2025
Investigación arredor de Lola Ferreiro Díaz, figura clave na psiquiatría, na educación, na recuperación da memoria e un dos piares fundamentais dos activismos feministas na Galiza. Loitou polos dereitos das mulleres e estableceu relacións de coidado e acompañamento a moitas persoas e institucións creando unha rede de afectos e vínculos que deixou gran pegada logo do seu pasamento.
Trátase dunha iniciativa de Ute-pías Feministas, un colectivo formado por Feitoría Verde, Arabías, Atalaias, Libraría Lila de Lilith e Illa Bufarda.
Este proxecto foi gañador do Premio Luísa Villalta 2025 da Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega.

Deseñamos a identidade gráfica do proxecto e os contidos para as redes sociais. Tamén realizamos a web narepublicamalva.gal, o espazo virtual que recolle a investigación arredor de Lola Ferreiro Díaz no que tamén incluímos varios colaxes feitos na Illa Bufarda.
O nome do proxecto é unha frase de Lola coa que sempre pechaba os brindes: “Saúde, pracer, república e terra malva!”
OUTROS TRABALLOS
YOUTUBEIRAS+

YOUTUBEIRAS+
2023-2025
Conceptualización da liña estética de cada edición e elaboración dos materiais gráficos. Estes premios anuais, impulsados por diferentes Servizos de Normalización da Lingua Galega, teñen como finalidade estimular a creación en galego no YouTube e en TikTok con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas creadoras na Rede.
Web: youtubeiras.gal
Cliente: Maos Innovación Social
CARVALHO CALERO, LETRAS GALEGAS 2020

CARVALHO CALERO, LETRAS GALEGAS 2020
2020
Peza audiovisual animada sobre a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero para conmemorar as Letras Galegas 2020.
Cliente: AFundación, Obra Social ABANCA
Duración: 4 min.
Voz en off: Xosé Barato
OUTROS TRABALLOS
A GUERRA DE ESPAÑA EN GALICIA

A GUERRA DE ESPAÑA EN GALICIA
2023
Vídeo divulgativo animado sobre a Guerra de España en Galicia para Memoria de Elefanta, un proxecto de memoria histórica dirixido á mocidade.
Cliente: Concello de Pontevedra
Formato: 16:9 | 1920 x 1080
Duración: 11 min.
Guión: Cristina Corral Soilán e Illa Bufarda.
Asesoramento: María Xesús López e Xosé Álvarez Castro
Voz en off: Rocío González
Estudio de gravación: NVelar
Músicas: Loneliest Road de Jesse Gallagher, Nothing Left de Dave Deville, Blood Eagle de Alexander Nakarada, Compyjazz de MacLeod, Big Drumming de Kevin MacLeod e Inspiring Noir Piano Waltz de MusicLFiles
XORNADAS MULLER E SAÚDE

XORNADAS MULLER E SAÚDE
2019
Clienta: Lidia Senra, deputada do Parlamento Europeo.
Elaboración do deseño e material gráfico (cartel, programa da xornada e banners para prensa) e vídeo promocional da Xornada de Mulleres e Saúde.


































