PRONÚNCIATE! CON NOMES E APELIDOS EN GALEGO

PRONÚNCIATE! CON NOMES E APELIDOS EN GALEGO

2026

Deseño da campaña de comunicación para promover a restauración dos nomes e apelidos en galego. Trátase dunha iniciativa que non está ligada a unha data concreta polo que é importante que poida perdurar no tempo e de acompañar tanto á militancia do partido como á sociedade en xeral no proceso de recuperación dos nomes e apelidos en galego. Cunha identidade visual clara e materiais atemporais, pretende ofrecer ferramentas útiles, accesibles e motivadoras para dar este paso.

 

A campaña quere ter un carácter excepcional e mobilizador: agora, é o momento. Visibilizamos que cambiar é sinxelo, necesario e que supón recuperar a nosa liberdade, identidade e memoria colectiva, nun acto de xustiza e aliñación de valores.

Cliente: Bloque Nacionalista Galego

Ademais dos materiais audiovisuais, elaboramos os seguintes elementos gráficos: cartel, díptico, pegatinas para coche, lápices, banners para prensa e deseños para redes sociais.

OUTROS TRABALLOS


CATRINETA, A TÚA CONSERVEIRA

CATRINETA, A TÚA CONSERVEIRA

2016

Campaña premiada no IV Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego do Concello de Santiago de Compostela. Trátase dunha proposta formada por un vídeo promocional da conserveira Catrineta e por unha acción fotográfica integrada nas rúas da cidade. A través de nove fotografías diferentes protagonizadas por obreiras da conserva galega e do comercio local pónse en valor o seu traballo.

Cliente: Catrineta Conserva Galega


CAMIÑOS DE IDENTIDADE

CAMIÑOS DE IDENTIDADE

2020

Creación de cinco vídeos destacando as paisaxes, os proxectos e os bens patrimoniais que forman parte da identidade de cinco lugares polos que tamén pasa o Camiño: Cabanas, Mondoñedo, Porqueira, Rodeiro e Triacastela.

Cliente: Amarelas Soc. Coop. Galega


FICHA POLO GALEGO

FICHA POLO GALEGO

2025

Deseño da campaña de comunicación para o fomento do uso da lingua galega na comunidade deportiva de Santiago de Compostela.

O lema emprega a palabra "fichar" como metáfora común no ámbito deportivo que está asociada á acción de incorporarse a un equipo, de tomar partido, de sumarse. A campaña estruturarase arredor dun compromiso a prol do galego que convida a implicarse a toda a comunidade deportiva (clubs, deportistas, persoal do adestramento e da arbitraxe, familias e seareiras).

Cliente: Concello de Santiago de Compostela

Elaboramos diferentes aplicativos gráficos e audiovisuais como elementos para redes sociais, cartel da campaña, muppies, lona e cuña sonora para as instalacións deportivas, traseira de bus, pulseiras, camisetas para sorteos en Redes e pílulas de vídeo co testemuño de persoas relevantes no deporte local.


BÓTALLE COLLÓNS

BÓTALLE COLLÓNS

2025

Deseño da campaña de comunicación para o concello de Arzúa con motivo do 25N.

Esta campaña é unha proposta creativa directa e provocadora que resignifica unha expresión tradicionalmente asociada á virilidade para interpelar aos homes e convidalos a cuestionar as violencias cotiás contra as mulleres. A través de mensaxes que combinan o lema principal con situacións de acoso ou intimidación facilmente recoñecibles, a campaña procura visibilizar e nomear estas condutas, evitar a súa naturalización e abrir a porta a alternativas de relación máis respectuosas e igualitarias, establecendo continuidade coa pasada campaña na que se empregou o cancelo #eusondobenquerer.

Cliente: Concello de Arzúa

Elaboramos os diferentes aplicativos gráficos tales como: cartelería, carrusel para redes sociais, díptico das actividades e deseño de muppies a grande formato.


FESTA DO QUEIXO

FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA

2025

Vídeo promocional para a Festa do Queixo de Arzúa no que se celebra a súa 50º aniversario.

Cliente: Concello de Arzúa

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 1 min.

Lingua orixinal: galego

Xénero: promocional

Dirección, guión, gravación e edición: Illa Bufarda

Interveñen: Pilar Cambas, Jesús Bendaña, Pilar Castro, Manuel Rego e Lidia Veiga.

Voz en off: Lidia Veiga

Subtítulos ao galego: A Sorregueira Cultura e Tradução

Música: Fiery Tango de Eddie Honcha


LINGUA VITAL XA!

LINGUA VITAL XA!

2025

Deseño da campaña de comunicación da convocatoria da manifestación pola lingua convocada por Queremos Galego. Co lema "Lingua vital xa!" búscase transmitir a forza, a esperanza e a confianza na capacidade que temos como pobo para reverter a situación de emerxencia na que está a nosa lingua.

 

Un idioma deixa de estar vivo cando non se fala. Apelamos a esa vitalidade convidando a berrar con forza este lema, ao estilo Son Goku, con enerxía e determinación. Continúase coa traxectoria de Queremos Galego de emitir unha mensaxe en positivo e márcase un tempo: ten que ser xa, non podemos demorar máis en cambios políticos efectivos en prol da lingua.

 

Cliente: Queremos Galego

Elaboramos os seguintes elementos gráficos: cartel, tríptico, lonas, banners para prensa e deseños para redes sociais.

A nivel audiovisual, esta campaña está composta de tres materiais diferentes: unha animación divulgativa sobre que fitos históricos marcaron a situación sociolingüística actual do galego, un vídeo promocional convocando a asistir á manifestación e pílulas de vídeo nas que persoas influentes se adheriron publicamente á convocatoria de Queremos Galego.


DELAS FEST 2024

DELAS FEST

2024

Vídeo promocional do Delas Fest 2024, festival feminista internacional de arte urbana e contextual.

Cliente: 7H Coop

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 3 min.

Lingua orixinal: galego

Subtítulos: galego

Xénero: promocional

Dirección, guión, gravación e edición: Illa Bufarda

Subtítulos ao galego: A Sorregueira Cultura e Tradução

Interveñen: Pri Barbosa, Rame 13, Paula Calavera, Lupita Hard, Nana, Raquel Cermade e Smile.Scq.

Música: Atakando do álbum Aquí están as que ghritan de Flow do Toxo e In Hip Hop de Vivaleum


QUE A VERGOÑA SEXA DELES

QUE A VERGOÑA SEXA DELES. PARA NÓS, O BENQUERER

2024

Deseño da campaña de comunicación para o concello de Arzúa con motivo do 25N.

A idea central responde á necesidade e desexo de visibilizar que a vergoña debe cambiar de bando e que se deconstrúa o perfil estereotipado dos homes maltratadores. Búscase concienciar á sociedade arredor da violencia de xénero ofrecendo datos, que trasladados ao territorio que nos ocupa, poidan ter un impacto sobre os diferentes tipos de maltrato. A intención é rachar co silencio e convidar ao pobo a non ser cómplice ante a violencia cara as mulleres. Esta campaña tamén propón unha alternativa: ser do benquerer para relacionarnos de xeito respectuoso, feminista e igualitario.

Cliente: Concello de Arzúa

Elaboramos os diferentes aplicativos gráficos tales como: elementos para redes sociais, díptico das actividades que o concello ofrece polo 25N, carteis das actividades, bolsas para os comercios, manteis para os bares de Arzúa, muppies e unha lona para o concello fixeron visible esta campaña no municipio.


ALINGUA

ALINGUA

2022, 2023

Campaña de comunicación realizada para dar a coñecer a nova asociación Alingua e fomentar o uso e o coñecemento do galego.

Cliente: Alingua

Comunicación en medios: Con C de Comunicación

Deseño en web e identidade corporativa: Desoños

Produción e creación de contidos da unidade didáctica: Maos Innovación Social S. Coop. Galega

Operadoras de cámara de apoio na Cartografía Sensorial: Aqueladas S. Coop e Sonia García

Fotografías do acto de presentación: Denís Estevez

Desenvolvemos unha intensa actividade en redes sociais con materiais propios, audiovisuais, sorteos, adhesivos para conversas en liña, sintonía propia, filtro de Instagram e colaboracións de persoas referentes.

 

Para fomentar a presenza da asociación nos seus concellos, póñense a disposición da veciñanza bandeirolas e adhesivos para o comercio local. Ademais, creamos unha sección nas redes sociais con frases destacadas de veciños e veciñas desas localidades con proxección pública e compromiso coa lingua. Ideamos os Alinguaclips, deseños para dar a coñecer curiosidades relacionadas coa lingua e a cultura en cada concello. Tamén realizamos unha Cartografía Sensorial na que cada concello comparte unha cor identificativa e tres postais sonoras que reflicten a riqueza lingüística de cada lugar.

 

Para os centros educativos, deseñamos unha unidade didáctica e un póster para traballar na aula con persoas referentes no uso do galego en diversos ámbitos.

Realizamos o deseño e a produción do acto público de presentación da Asociación de entidades locais pola lingua galega, Alingua.


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center