YOUTUBEIRAS+

YOUTUBEIRAS+
2023-2026
Conceptualización da liña estética de cada edición e elaboración dos materiais gráficos e audiovisuais. Estes premios anuais, impulsados por diferentes Servizos de Normalización da Lingua Galega, teñen como finalidade estimular a creación en galego no YouTube e en TikTok con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas creadoras na Rede.
Web: youtubeiras.gal
Cliente: Maos Innovación Social
OUTROS TRABALLOS
PORTUGUÊS NO MÓDULO DE HABILIDADES COMUNICATIVAS NA FP

Português no Módulo de Habilidades Comunicativas na FP
2026
Vídeo realizado para a Associação de Docentes de Português na Galiza para promocionar a escolla da lingua portuguesa dentro do módulo de Habilidades Comunicativas na Formación Profesional.
Cliente: Associação de Docentes de Português na Galiza
Formato: 16:9 | 1920 x 1080
Duración: 3 min.
Lingua orixinal: portugués.
Xénero: promocional.
OUTROS TRABALLOS
SAÚDE, PRACER, REPÚBLICA E TERRA MALVA

SAÚDE, PRACER, REPÚBLICA E TERRA MALVA
2025
Investigación arredor de Lola Ferreiro Díaz, figura clave na psiquiatría, na educación, na recuperación da memoria e un dos piares fundamentais dos activismos feministas na Galiza. Loitou polos dereitos das mulleres e estableceu relacións de coidado e acompañamento a moitas persoas e institucións creando unha rede de afectos e vínculos que deixou gran pegada logo do seu pasamento.
Trátase dunha iniciativa de Ute-pías Feministas, un colectivo formado por Feitoría Verde, Arabías, Atalaias, Libraría Lila de Lilith e Illa Bufarda.
Este proxecto foi gañador do Premio Luísa Villalta 2025 da Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega.

Deseñamos a identidade gráfica do proxecto e os contidos para as redes sociais. Tamén realizamos a web narepublicamalva.gal, o espazo virtual que recolle a investigación arredor de Lola Ferreiro Díaz no que tamén incluímos varios colaxes feitos na Illa Bufarda.
O nome do proxecto é unha frase de Lola coa que sempre pechaba os brindes: “Saúde, pracer, república e terra malva!”
OUTROS TRABALLOS
RECOÑECE A ESS

RECOÑECE A ESS
2025
Deseño de materiais de difusión para feiras e eventos, elaboración de contidos para redes sociais, estratexia de comunicación e desenvolvemento dunha identidade gráfica e visual do proxecto Recoñece a Economía Social e Solidaria: avanzando na axenda 2030 a través da Auditoría Social.
Cliente: REAS Galicia
Elaboramos os diferentes aplicativos gráficos: un totem, un roll-up e un elemento interactivo para feiras.
Tendo como base o logotipo que creamos para Recoñece a ESS, deseñamos un selo para identificar ás empresas que participan na Auditoría Social. Ademais, conxuntamente con Maos Innovación Social, desenvolvemos a páxina web do proxecto: economiasocialsolidaria.gal
PRONÚNCIATE! CON NOME E APELIDOS EN GALEGO

PRONÚNCIATE! CON NOMES E APELIDOS EN GALEGO
2026
Deseño da campaña de comunicación para promover a restauración dos nomes e apelidos en galego. Trátase dunha iniciativa que non está ligada a unha data concreta polo que é importante que poida perdurar no tempo e de acompañar tanto á militancia do partido como á sociedade en xeral no proceso de recuperación dos nomes e apelidos en galego. Cunha identidade visual clara e materiais atemporais, pretende ofrecer ferramentas útiles, accesibles e motivadoras para dar este paso.
A campaña quere ter un carácter excepcional e mobilizador: agora, é o momento. Visibilizamos que cambiar é sinxelo, necesario e que supón recuperar a nosa liberdade, identidade e memoria colectiva, nun acto de xustiza e aliñación de valores.
Cliente: Bloque Nacionalista Galego
FICHA POLO GALEGO

FICHA POLO GALEGO
2025
Deseño da campaña de comunicación para o fomento do uso da lingua galega na comunidade deportiva de Santiago de Compostela.
O lema emprega a palabra "fichar" como metáfora común no ámbito deportivo que está asociada á acción de incorporarse a un equipo, de tomar partido, de sumarse. A campaña estruturarase arredor dun compromiso a prol do galego que convida a implicarse a toda a comunidade deportiva (clubs, deportistas, persoal do adestramento e da arbitraxe, familias e seareiras).
Cliente: Concello de Santiago de Compostela
Elaboramos diferentes aplicativos gráficos e audiovisuais como elementos para redes sociais, cartel da campaña, muppies, lona e cuña sonora para as instalacións deportivas, traseira de bus, pulseiras, camisetas para sorteos en Redes e pílulas de vídeo co testemuño de persoas relevantes no deporte local.
OUTROS TRABALLOS
BÓTALLE COLLÓNS

BÓTALLE COLLÓNS
2025
Deseño da campaña de comunicación para o concello de Arzúa con motivo do 25N.
Esta campaña é unha proposta creativa directa e provocadora que resignifica unha expresión tradicionalmente asociada á virilidade para interpelar aos homes e convidalos a cuestionar as violencias cotiás contra as mulleres. A través de mensaxes que combinan o lema principal con situacións de acoso ou intimidación facilmente recoñecibles, a campaña procura visibilizar e nomear estas condutas, evitar a súa naturalización e abrir a porta a alternativas de relación máis respectuosas e igualitarias, establecendo continuidade coa pasada campaña na que se empregou o cancelo #eusondobenquerer.
Cliente: Concello de Arzúa
FESTA DO QUEIXO

FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA
2025
Vídeo promocional para a Festa do Queixo de Arzúa no que se celebra a súa 50º aniversario.
Cliente: Concello de Arzúa
Formato: 16:9 | 1920 x 1080
Duración: 1 min.
Lingua orixinal: galego
Xénero: promocional
OUTROS TRABALLOS
LINGUA VITAL XA!

LINGUA VITAL XA!
2025-2026
Deseño da campaña de comunicación da convocatoria da manifestación pola lingua convocada por Queremos Galego. Co lema "Lingua vital xa!" búscase transmitir a forza, a esperanza e a confianza na capacidade que temos como pobo para reverter a situación de emerxencia na que está a nosa lingua.
Un idioma deixa de estar vivo cando non se fala. Apelamos a esa vitalidade convidando a berrar con forza este lema, ao estilo Son Goku, con enerxía e determinación. Continúase coa traxectoria de Queremos Galego de emitir unha mensaxe en positivo e márcase un tempo: ten que ser xa, non podemos demorar máis en cambios políticos efectivos en prol da lingua.
Cliente: Queremos Galego
A nivel audiovisual, esta campaña está composta de tres materiais diferentes: unha animación divulgativa sobre que fitos históricos marcaron a situación sociolingüística actual do galego, un vídeo promocional convocando a asistir á manifestación e pílulas de vídeo nas que persoas influentes se adheriron publicamente á convocatoria de Queremos Galego.
En 2026, Queremos Galego aproveita este lema e impulsa o Proceso Lingua Vital con medidas específicas para frear a emerxencia lingüística. Para divulgalo, Illa Bufarda realiza un cartel inspirado na guerrilla contrapublicitaria cun QR que leva á web con información deste proceso. A continuación, deseñamos outro cartel coa estética dos protocolos de evacuación coa convocatoria a un acto de presentación do Lingua Vital. Neste acto, proxéctase un vídeo divulgativo que explica o contexto sociolingüístico no que xorde este proceso e explica as súas medidas principais.
QUE A VERGOÑA SEXA DELES

QUE A VERGOÑA SEXA DELES. PARA NÓS, O BENQUERER
2024
Deseño da campaña de comunicación para o concello de Arzúa con motivo do 25N.
A idea central responde á necesidade e desexo de visibilizar que a vergoña debe cambiar de bando e que se deconstrúa o perfil estereotipado dos homes maltratadores. Búscase concienciar á sociedade arredor da violencia de xénero ofrecendo datos, que trasladados ao territorio que nos ocupa, poidan ter un impacto sobre os diferentes tipos de maltrato. A intención é rachar co silencio e convidar ao pobo a non ser cómplice ante a violencia cara as mulleres.
Esta campaña tamén propón unha alternativa: ser do benquerer para relacionarnos de xeito respectuoso, feminista e igualitario.
Cliente: Concello de Arzúa
Elaboramos os diferentes aplicativos gráficos tales como: elementos para redes sociais, díptico das actividades que o concello ofrece polo 25N, carteis das actividades, bolsas para os comercios, manteis para os bares de Arzúa, muppies e unha lona para o concello fixeron visible esta campaña no municipio.




















































































