ALTAS LUCES

ALTAS LUCESFotografía | Mirada | Xénero
2025
Altas Luces é un encadre doutros posibles, un filme determinado. Un ensaio que indaga nas relacións entre a arte fotográfica e a expresión do desexo desde unha ollada feminista.
Historiadoras da arte, fotógrafas e creadoras visuais debullan a historia das imaxes e da representación dos corpos, ao tempo que revelan as sombras das que, tras da cámara, se atreveron a mirar.
Altas Luces é un proxecto que vai máis aló do propio documental e dispón doutros materiais divulgativos difundidos nas súas RRSS: material gráfico que profundiza sobre a vida e obra das pioneiras da fotografía en Galiza, material reflexivo sobre o acto fotográfico no ámbito persoal e familiar e entrevistas con diversas fotógrafas en activo, que dan conta das miradas diversas que configuran o actual panorama fotográfico galego.
Altas Luces é un proxecto galardoado co Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade 2024 da Deputación da Coruña.
Dirección: Illa Bufarda
Financiación: Deputación Provincial da Coruña
Patrocinio: Deputación Provincial de Lugo
Participan: Charo Lopes (xornalista e fotógrafa), Fernanda Padín (Autora do blog Fotógrafas Pioneiras), Jennifer Novoa (historiadora da arte), Mar Caldas (artista visual), Margarita Ledo (cineasta, xornalista e escritora) e Sabela Fraga (historiadora da arte).
Voz en off: Iria Pinheiro
Estudo de gravación: A Ponte Estudio
Música: Macarena Montesinos, Núa do Álbum Núa, Soa do Álbum Núa e Before the light, co artista sonoro Ranter’s Bay, do Álbum Boogie Desert (songs for a post-apocalyptic western)
Subtítulos ao galego e ao castelán: A Sorregueira Cultura e Tradução
Subtítulos ao inglés: Claudia Sáenz
OUTROS TRABALLOS
MANCOMUNIDADE DA FARBUDA

Mancomunidade da Farbuda
2016

Acción de guerrilla de comunicación en contra da plantación masiva de eucaliptos en Galiza. Este fake, que facía crer da existencia de coalas na comarca de Ordes, foi impulsado a través dunha conta de Facebook, coa falsa identidade dunha mancomunidade chamada Farbuda (“Bu-far-da”).
A acción, que tivo unha importante repercusión na rede e causou moito interese nos medios de comunicación galegos e estatais chegando a publicarse en moitos deles, foi desmentida o 1 de abril (Día Internacional das Brincadeiras). A acción contou con moitas persoas colaboradoras que se prestaron para participar no material audiovisual, na difusión da acción e na correcta documentación do proxecto.
A acción da Mancomunidade da Farbuda tamén foi publicada no caderno de fotografía Caleidoscópica no número 6, Ficções, do ano 2021.
OUTROS TRABALLOS
NEGRO PÚRPURA

NEGRO PÚRPURA
2021
Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do cláviceps purpúrea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época.
Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD.
Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.

Web: www.negropurpura.gal
Formato: 16:9 | 1920 x 1080
Duración: 82 min
Lingua orixinal: galego, español, inglés e alemán
Subtítulos: galego, castelán e inglés
Xénero: documental
Dirección e guión: Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva
Traballo de campo: Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva
Produción: Illa Bufarda
Gravación: Illa Bufarda
Dirección na rodaxe: Sabela Iglesias
Dirección de fotografía: Pilar Abades
Axudante de cámara: Sabela Iglesias
Son directo: Adriana P. Villanueva
Posprodución de son: Marco Maril
Banda Sonora Orixinal: Paulo Pascual Castro
Efectos especiais: Adriana P. Villanueva
Edición e montaxe: Sabela Iglesias
Posprodución: Adriana P. Villanueva
Voz en off: Dolores Castro Viaño, Toni Salgado, Xosé Barato, Bernardo Casado, Paco Barreiro, Txema Regalado, Matthias Rehrl e Oliver Besthorn
Estudo de gravación: Estudio A Ponte e Trágora Voice Over
Deseño gráfico: Pilar Abades
Deseño web: Brétemas Comunicación
Subtitulación: A Sorregueira Cultura e Tradução, Raquel Senra Fernández e Matthew Craig Newton
Prensa: Alberto Ramos (micromecenado) e Begin Again Films (distribución)
Distribución: Begin Again Films
Financiado por: 276 persoas e entidades a través de micromecenado, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra, Deputación de Lugo, Concello de Maside, Concello do Barco de Valdeorras e Concello de Mesía
Co apoio de: Museo do Pobo Galego, Museo Etnográfico da Limia, Asociación Antropolóxica Galega, e Asociación de Estudos Históricos Hume
S.E.X. WEBSERIE

S.E.X. WEBSERIE
2020
Serie web transmedia sobre sexualidade para adolescentes realizada conxuntamente coa Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia (ASEIA). A serie, protagonizada Sara, Edu e Xela, consta de seis capítulos que se lanzaron no Youtube entre outubro de 2019 e marzo de 2020. Neste período e dentro deste proxecto, ASEIA realizou unha asesoría en liña gratuíta para xente moza e obradoiros en centros educativos da provincia da Coruña para divulgar e reflexionar sobre sexualidades sás.
S.E.X. webserie foi un proxecto gañador do Premio Luísa Villalta 2019 da Deputación da Coruña.
Dirección, guión: Illa Bufarda
Produción: Illa Bufarda, ASEIA e Deputación da Coruña.
Asesoramento no guión: ASEIA
Gravación: Illa Bufarda
Música: Don´t matter tonight de Dimitri Reeves.
Edición e montaxe: Illa Bufarda
Animacións: Illa Bufarda
Interpretación: Noelia Liñares Mayo, Ángel Calo e Iria Freire.
Subtitulación: A Sorregueira Cultura e Tradução
Xestión das redes sociais: Illa Bufarda
OUTROS TRABALLOS
FÍOS FÓRA

FÍOS FÓRA
2015
Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.
Cliente: Amarante Setem
Formato: 16:9 | 1920 x 1080
Duración: 90 min.
Lingua orixinal: galego e castelán
Subtítulos: castelán e inglés
Dirección, guión e produción: Illa Bufarda
Traballo de campo: Illa Bufarda
Produción executiva: Amarante Setem
Gravación: Illa Bufarda
Moderador entrevistas: Marcos Doespiritusanto Gallego
Son directo: Carlos Sarille
Posprodución de son: Carlos Sarille
Música: Mónica de Nut e Martin Messier
Edición e montaxe: Illa Bufarda
Posprodución: Illa Bufarda
Deseño gráfico: Illa Bufarda
Subtitulación: André Taboada Casteleiro e Cristina Río López
Financiado por: Campaña Roupa Limpa, Xunta de Galicia – Cooperación Galega






























































