PLANEA

PLANEA

2026

Realización do material audiovisual divulgativo e promocional da rede de arte e escola PLANEA, impulsada pola Fundación Daniel e Nina Carasso, que promove prácticas artísticas transversais na escola pública.

Cliente: Rexenerando

Realizamos a cobertura fotográfica da primeira edición de PLANEA en Galiza, articulada pola cooperativa Rexenerando. Fotografamos as formacións ao profesorado realizados na Cidade da Cultura e o desenvolvemento das prácticas artísticas co alumnado no CEIP de Portofaro, no CEIP de Barouta e no CEIP de Meaño.


VOCES CORRESPONSABLES DA USC

VOCES CORRESPONSABLES DA USC

2026

Vídeo de benvida ao alumnado á Universidade de Santiago de Compostela no curso 2026-2027. Pónse o foco na corresponsabilidade dos coidados e no rexeitamento ás novatadas. Está interpretado por Miguel Barbazán Lesta e gravado nos dous campus da USC.

Cliente: Universidade de Santiago de Compostela


FIARE

FIARE

2026

Con esta peza audiovisual, Fiare presentou na asemblea de Vigo de maio de 2026 os dous proxectos que financia en Galiza.

Cliente: Coma Comunicación


HAI QUE VERSE NELAS!

HAI QUE VERSE NELAS!

2026

Hai que verse nelas! é un proxecto de intervención artística liderado por mulleres de San Sadurniño, As Pontes e Moeche que pon en valor os relatos de referentes locais femininos.

Os relatos destas protagonistas fían coa historia recente dos dereitos das mulleres, coa igualdade, co feminismo e co desexo dun mundo libre de violencias machistas. Todas elas queren transmitir unha mensaxe ás xeracións máis novas sobre a importancia dos dereitos gañados, as loitas coas que se conseguiron estas conquistas e o fácil que sería perdelos nun futuro.

Ao longo de trece sesións de traballo o grupo de mulleres traballou arredor de temáticas como o feminismo, os dereitos das mulleres, as violencias machistas, os coidados, a representación das mulleres na fotografía ao longo da historia ou o retrato fotográfico. Realizáronse diferentes dinámicas de traballo creativo para afondar nun discurso común, escollido e desenvolto democraticamente.

Lideran esta creación: Lucía Ríos Dopico, Maca Piñeiro Rego, María Filgueiras García, Raquel López Piñeiro, Silvia López Rodríguez, Susana Vilaboi Cabarcos

Protagonizan as historias: Charo Cuba Penabad, Josefa Fernández Couce, Laura Díaz León, María del Carmen Calvo López, Maricarmen Otero González, Remedios Hernández Adeba, Silvia Caffaro Napoli.

Hai que verse nelas! é un proxecto impulsado por Arabías e Illa Bufarda, acollido por O Lavadoiro, coa colaboración dos Concellos de San Sadurniño e As Pontes e financiado polo Instituto das Mulleres do Ministerio de Igualdade ao abeiro da convocatoria 2025 de subvencións para o fomento da igualdade de xénero destinadas á promoción, creación, produción e difusión artística e cultural.


PORTUGUÊS NO MÓDULO DE HABILIDADES COMUNICATIVAS NA FP

Português no Módulo de Habilidades Comunicativas na FP 

2026

Vídeo realizado para a Associação de Docentes de Português na Galiza para promocionar a escolla da lingua portuguesa dentro do módulo de Habilidades Comunicativas na Formación Profesional.

Cliente: Associação de Docentes de Português na Galiza

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 3 min.

Lingua orixinal: portugués.

Xénero: promocional.

Dirección, guión, edición e produción: Illa Bufarda

Música: Moda Pop Fund, BrainMire; Laconia, PremiumBeat; Fado da Cerca, PremiumBeat; Sintra, PremiumBeat; Brasil Bossa Nova, Remstunes.

Financiado por: Secretaría Xeral de Lingua, Xunta de Galicia.


RECOÑECE A ESS

RECOÑECE A ESS

2025

Deseño de materiais de difusión para feiras e eventos, elaboración de contidos para redes sociais, estratexia de comunicación e desenvolvemento dunha identidade gráfica e visual do proxecto Recoñece a Economía Social e Solidaria: avanzando na axenda 2030 a través da Auditoría Social.

Cliente: REAS Galicia

Elaboramos os diferentes aplicativos gráficos: un totem, un roll-up e un elemento interactivo para feiras.

 

Tendo como base o logotipo que creamos para Recoñece a ESS, deseñamos un selo para identificar ás empresas que participan na Auditoría Social. Ademais, conxuntamente con Maos Innovación Social, desenvolvemos a páxina web do proxecto: economiasocialsolidaria.gal


PRONÚNCIATE! CON NOME E APELIDOS EN GALEGO

PRONÚNCIATE! CON NOMES E APELIDOS EN GALEGO

2026

Deseño da campaña de comunicación para promover a restauración dos nomes e apelidos en galego. Trátase dunha iniciativa que non está ligada a unha data concreta polo que é importante que poida perdurar no tempo e de acompañar tanto á militancia do partido como á sociedade en xeral no proceso de recuperación dos nomes e apelidos en galego. Cunha identidade visual clara e materiais atemporais, pretende ofrecer ferramentas útiles, accesibles e motivadoras para dar este paso.

 

A campaña quere ter un carácter excepcional e mobilizador: agora, é o momento. Visibilizamos que cambiar é sinxelo, necesario e que supón recuperar a nosa liberdade, identidade e memoria colectiva, nun acto de xustiza e aliñación de valores.

Cliente: Bloque Nacionalista Galego

Ademais dos materiais audiovisuais, elaboramos os seguintes elementos gráficos: cartel, díptico, pegatinas para coche, lápices, banners para prensa e deseños para redes sociais.


ANDERSON

ANDERSON  

2025

Creación dos visuais para Anderson, o espectáculo de Cantigas e Agarimos sobre a viaxe e a obra da fotógrafa Ruth Matilde por Galiza en 1925. Visitamos as localizacións de once das súas fotografías para recrear o encadre coas nosas cámaras e completar a composición co elenco sobre o escenario. Tamén deseñamos o cartel da obra, materiais para a súa difusión nas redes sociais, o tráiler do espectáculo e a cobertura fotográfica.

Cliente: Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos


FICHA POLO GALEGO

FICHA POLO GALEGO

2025

Deseño da campaña de comunicación para o fomento do uso da lingua galega na comunidade deportiva de Santiago de Compostela.

O lema emprega a palabra "fichar" como metáfora común no ámbito deportivo que está asociada á acción de incorporarse a un equipo, de tomar partido, de sumarse. A campaña estruturarase arredor dun compromiso a prol do galego que convida a implicarse a toda a comunidade deportiva (clubs, deportistas, persoal do adestramento e da arbitraxe, familias e seareiras).

Cliente: Concello de Santiago de Compostela

Elaboramos diferentes aplicativos gráficos e audiovisuais como elementos para redes sociais, cartel da campaña, muppies, lona e cuña sonora para as instalacións deportivas, traseira de bus, pulseiras, camisetas para sorteos en Redes e pílulas de vídeo co testemuño de persoas relevantes no deporte local.


A MADEIRA NO ESPELLO DA CERÁMICA

 A MADEIRA NO ESPELLO DA CERÁMICA  

2025

Documental de Illa Bufarda sobre un proxecto de investigación de María Martín Seijo. A madeira no espello da cerámica é un achegamento experimental ás vasillas ou vasos tipo San Cibrán de Lás.

Cliente: María Martín Seijo

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 13 min

Lingua orixinal: galego

Subtítulos: castelán e inglés

Xénero: divulgativo

Creación audiovisual: Illa Bufarda

Produción: Illa Bufarda e María Martín Seijo

Investigación: María Martín Seijo. Científica Titular do INCIPIT, CSIC.

Entrevistas: María Martín Seijo

Participan: Pepa Rey Castiñeira, investigadora especialista en cultura castrexa. Tito Ledo Roca, artesán tradicional da madeira. José Luis Méndez Fernández, conservador-restaurador no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Subtitulado ao castelán: A Sorregueira, cultura e tradución.

Subtitulado ao inglés: Árbore Azul.

Música: “Loureiro” de Oh Trío (German Diaz, Antonio Bravo & Diego Martín), Cancionero Gallego

Voz en off: Dolores Castro


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center