YOUTUBEIRAS+

YOUTUBEIRAS+

2023-2026

Conceptualización da liña estética de cada edición e elaboración dos materiais gráficos e audiovisuais. Estes premios anuais, impulsados por diferentes Servizos de Normalización da Lingua Galega, teñen como finalidade estimular a creación en galego no YouTube e en TikTok con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas creadoras na Rede.

Cliente: Maos Innovación Social

No ano 2024, co cambio de nome do proxecto, realizamos a adaptación da identidade corporativa.


PORTUGUÊS NO MÓDULO DE HABILIDADES COMUNICATIVAS NA FP

Português no Módulo de Habilidades Comunicativas na FP 

2026

Vídeo realizado para a Associação de Docentes de Português na Galiza para promocionar a escolla da lingua portuguesa dentro do módulo de Habilidades Comunicativas na Formación Profesional.

Cliente: Associação de Docentes de Português na Galiza

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 3 min.

Lingua orixinal: portugués.

Xénero: promocional.

Dirección, guión, edición e produción: Illa Bufarda

Música: Moda Pop Fund, BrainMire; Laconia, PremiumBeat; Fado da Cerca, PremiumBeat; Sintra, PremiumBeat; Brasil Bossa Nova, Remstunes.

Financiado por: Secretaría Xeral de Lingua, Xunta de Galicia.


SAÚDE, PRACER, REPÚBLICA E TERRA MALVA

SAÚDE, PRACER, REPÚBLICA E TERRA MALVA

2025

Investigación arredor de Lola Ferreiro Díaz, figura clave na psiquiatría, na educación, na recuperación da memoria e un dos piares fundamentais dos activismos feministas na Galiza. Loitou polos dereitos das mulleres e estableceu relacións de coidado e acompañamento a moitas persoas e institucións creando unha rede de afectos e vínculos que deixou gran pegada logo do seu pasamento.

 

Trátase dunha iniciativa de Ute-pías Feministas, un colectivo formado por Feitoría Verde, Arabías, Atalaias, Libraría Lila de Lilith e Illa Bufarda.

 

Este proxecto foi gañador do Premio Luísa Villalta 2025 da Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega.

 

Deseñamos a identidade gráfica do proxecto e os contidos para as redes sociais. Tamén realizamos a web narepublicamalva.gal, o espazo virtual que recolle a investigación arredor de Lola Ferreiro Díaz no que tamén incluímos varios colaxes feitos na Illa Bufarda.

 

O nome do proxecto é unha frase de Lola coa que sempre pechaba os brindes: “Saúde, pracer, república e terra malva!”


RECOÑECE A ESS

RECOÑECE A ESS

2025

Deseño de materiais de difusión para feiras e eventos, elaboración de contidos para redes sociais, estratexia de comunicación e desenvolvemento dunha identidade gráfica e visual do proxecto Recoñece a Economía Social e Solidaria: avanzando na axenda 2030 a través da Auditoría Social.

Cliente: REAS Galicia

Elaboramos os diferentes aplicativos gráficos: un totem, un roll-up e un elemento interactivo para feiras.

 

Tendo como base o logotipo que creamos para Recoñece a ESS, deseñamos un selo para identificar ás empresas que participan na Auditoría Social. Ademais, conxuntamente con Maos Innovación Social, desenvolvemos a páxina web do proxecto: economiasocialsolidaria.gal


PRONÚNCIATE! CON NOME E APELIDOS EN GALEGO

PRONÚNCIATE! CON NOMES E APELIDOS EN GALEGO

2026

Deseño da campaña de comunicación para promover a restauración dos nomes e apelidos en galego. Trátase dunha iniciativa que non está ligada a unha data concreta polo que é importante que poida perdurar no tempo e de acompañar tanto á militancia do partido como á sociedade en xeral no proceso de recuperación dos nomes e apelidos en galego. Cunha identidade visual clara e materiais atemporais, pretende ofrecer ferramentas útiles, accesibles e motivadoras para dar este paso.

 

A campaña quere ter un carácter excepcional e mobilizador: agora, é o momento. Visibilizamos que cambiar é sinxelo, necesario e que supón recuperar a nosa liberdade, identidade e memoria colectiva, nun acto de xustiza e aliñación de valores.

Cliente: Bloque Nacionalista Galego

Ademais dos materiais audiovisuais, elaboramos os seguintes elementos gráficos: cartel, díptico, pegatinas para coche, lápices, banners para prensa e deseños para redes sociais.


ANDERSON

ANDERSON  

2025

Creación dos visuais para Anderson, o espectáculo de Cantigas e Agarimos sobre a viaxe e a obra da fotógrafa Ruth Matilde por Galiza en 1925. Visitamos as localizacións de once das súas fotografías para recrear o encadre coas nosas cámaras e completar a composición co elenco sobre o escenario. Tamén deseñamos o cartel da obra, materiais para a súa difusión nas redes sociais, o tráiler do espectáculo e a cobertura fotográfica.

Cliente: Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos


FICHA POLO GALEGO

FICHA POLO GALEGO

2025

Deseño da campaña de comunicación para o fomento do uso da lingua galega na comunidade deportiva de Santiago de Compostela.

O lema emprega a palabra "fichar" como metáfora común no ámbito deportivo que está asociada á acción de incorporarse a un equipo, de tomar partido, de sumarse. A campaña estruturarase arredor dun compromiso a prol do galego que convida a implicarse a toda a comunidade deportiva (clubs, deportistas, persoal do adestramento e da arbitraxe, familias e seareiras).

Cliente: Concello de Santiago de Compostela

Elaboramos diferentes aplicativos gráficos e audiovisuais como elementos para redes sociais, cartel da campaña, muppies, lona e cuña sonora para as instalacións deportivas, traseira de bus, pulseiras, camisetas para sorteos en Redes e pílulas de vídeo co testemuño de persoas relevantes no deporte local.


A MADEIRA NO ESPELLO DA CERÁMICA

 A MADEIRA NO ESPELLO DA CERÁMICA  

2025

Documental de Illa Bufarda sobre un proxecto de investigación de María Martín Seijo. A madeira no espello da cerámica é un achegamento experimental ás vasillas ou vasos tipo San Cibrán de Lás.

Cliente: María Martín Seijo

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 13 min

Lingua orixinal: galego

Subtítulos: castelán e inglés

Xénero: divulgativo

Creación audiovisual: Illa Bufarda

Produción: Illa Bufarda e María Martín Seijo

Investigación: María Martín Seijo. Científica Titular do INCIPIT, CSIC.

Entrevistas: María Martín Seijo

Participan: Pepa Rey Castiñeira, investigadora especialista en cultura castrexa. Tito Ledo Roca, artesán tradicional da madeira. José Luis Méndez Fernández, conservador-restaurador no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Subtitulado ao castelán: A Sorregueira, cultura e tradución.

Subtitulado ao inglés: Árbore Azul.

Música: “Loureiro” de Oh Trío (German Diaz, Antonio Bravo & Diego Martín), Cancionero Gallego

Voz en off: Dolores Castro


BÓTALLE COLLÓNS

BÓTALLE COLLÓNS

2025

Deseño da campaña de comunicación para o concello de Arzúa con motivo do 25N.

 

Esta campaña é unha proposta creativa directa e provocadora que resignifica unha expresión tradicionalmente asociada á virilidade para interpelar aos homes e convidalos a cuestionar as violencias cotiás contra as mulleres. A través de mensaxes que combinan o lema principal con situacións de acoso ou intimidación facilmente recoñecibles, a campaña procura visibilizar e nomear estas condutas, evitar a súa naturalización e abrir a porta a alternativas de relación máis respectuosas e igualitarias, establecendo continuidade coa pasada campaña na que se empregou o cancelo #eusondobenquerer.

Cliente: Concello de Arzúa

Elaboramos os diferentes aplicativos gráficos tales como: cartelería, carrusel para redes sociais, díptico das actividades e deseño de muppies a grande formato.


NORAVES

 NORAVES  

2025

Vídeo divulgativo realizado en animación para o proxecto Noraves, desenvolto en colaboración coa Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar.

 

Un proxecto cofinanciado pola Unión Europea a través do FEMPA.

Cliente: CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 4 min.

Lingua orixinal: galego e castelán

Subtítulos: galego e castelán

Xénero: divulgativo

Guión, deseño e animación: Illa Bufarda

Subtitulación: A sorregueira. Cultura e tradução

Voz en off: Nvelar


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center