QUE A VERGOÑA SEXA DELES
QUE A VERGOÑA SEXA DELES. PARA NÓS, O BENQUERER
2024
Deseño da campaña de comunicación para o concello de Arzúa con motivo do 25N.
A idea central responde á necesidade e desexo de visibilizar que a vergoña debe cambiar de bando e que se deconstrúa o perfil estereotipado dos homes maltratadores. Búscase concienciar á sociedade arredor da violencia de xénero ofrecendo datos, que trasladados ao territorio que nos ocupa, poidan ter un impacto sobre os diferentes tipos de maltrato. A intención é rachar co silencio e convidar ao pobo a non ser cómplice ante a violencia cara as mulleres. Esta campaña tamén propón unha alternativa: ser do benquerer para relacionarnos de xeito respectuoso, feminista e igualitario.
Cliente: Concello de Arzúa
Elaboramos os diferentes aplicativos gráficos tales como: elementos para redes sociais, díptico das actividades que o concello ofrece polo 25N, carteis das actividades, bolsas para os comercios, manteis para os bares de Arzúa, muppies e unha lona para o concello fixeron visible esta campaña no municipio.
ALINGUA
ALINGUA
2022, 2023
Campaña de comunicación realizada para dar a coñecer a nova asociación Alingua e fomentar o uso e o coñecemento do galego.
Cliente: Alingua
Comunicación en medios: Con C de Comunicación
Deseño en web e identidade corporativa: Desoños
Produción e creación de contidos da unidade didáctica: Maos Innovación Social S. Coop. Galega
Operadoras de cámara de apoio na Cartografía Sensorial: Aqueladas S. Coop e Sonia García
Fotografías do acto de presentación: Denís Estevez
Desenvolvemos unha intensa actividade en redes sociais con materiais propios, audiovisuais, sorteos, adhesivos para conversas en liña, sintonía propia, filtro de Instagram e colaboracións de persoas referentes.
Para fomentar a presenza da asociación nos seus concellos, póñense a disposición da veciñanza bandeirolas e adhesivos para o comercio local. Ademais, creamos unha sección nas redes sociais con frases destacadas de veciños e veciñas desas localidades con proxección pública e compromiso coa lingua. Ideamos os Alinguaclips, deseños para dar a coñecer curiosidades relacionadas coa lingua e a cultura en cada concello. Tamén realizamos unha Cartografía Sensorial na que cada concello comparte unha cor identificativa e tres postais sonoras que reflicten a riqueza lingüística de cada lugar.
Para os centros educativos, deseñamos unha unidade didáctica e un póster para traballar na aula con persoas referentes no uso do galego en diversos ámbitos.
OUTROS TRABALLOS
YOUTUBEIRAS+
YOUTUBEIRAS+
2023, 2024
Conceptualización da liña estética de cada edición e elaboración dos materiais gráficos. Estes premios anuais, impulsados por diferentes Servizos de Normalización da Lingua Galega, teñen como finalidade estimular a creación en galego no YouTube e en TikTok con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas creadoras na Rede.
Web: youtubeiras.gal
Cliente: Maos Innovación Social
OUTROS TRABALLOS
O TEU MACHISMO DÁ NOXO
O TEU MACHISMO DÁ NOXO #senprórroga
2023
Campaña de comunicación para o 25N composta por deseños para redes sociais, vídeos, proxeccións na rúa e materiais gráficos para diferentes aplicacións.
O noxo articula a campaña nos seus dous piares: por un lado, as diferentes formas de violencia na mocidade e por outra banda, no deporte. A partir da conexión cunha emoción preténdese crear movemento, conmover e, no fin, mobilizar e sensibilizar.
Un total de 13 deportistas locais protagonizan as pezas audiovisuais da campaña nas que se implicaron tamén os seus clubs.
Cliente: Concello de Santiago de Compostela
Lonas, vasos e sacas de papel, manteis para hostalaría, vinilos para o comercio, marquesiñas e traseiras dos urbanos foron algúns dos elementos e lugares nos que se difundiu a campaña.
Súmanse tamén catro proxeccións en emprazamentos chave da cidade, nas que se lanzan preguntas directas e incisivas co obxectivo de facer reflexionar sobre as agresións sexuais en relación ao lugar que se habita ou transita no día a día.
YOUTUBEIRAS
YOUTUBEIRAS
De 2017 a 2022
Conceptualización, deseño da identidade corporativa, comunicación, videocreación, deseño gráfico, xestión de redes, produción e xestión integral do proxecto Youtubeiras e dos seus premios, durante as seis primeiras edicións deste proxecto, que ten como obxectivo encher a Rede de vídeos en galego.
Na sexta edición dos Premios Youtubeiras presentáronse 74 canles das cales 46 participaron por primeira vez no certame.
Web: youtubeiras.gal
Cliente: Servizos de Normalización Lingüística de diversas entidades
Nestas seis edicións, realizamos actividades formativas presenciais e en liña para fomentar os espazos de convivencia entre as persoas creadoras do Youtube en galego, algunhas delas impartidas por Illa Bufarda. Tamén elaboramos material formativo e divulgativo audiovisual e escrito.
As galas de entrega de premios de cada edición foron deseñadas, dirixidas e producidas por Illa Bufarda.
Comunicación: Alberto Ramos, con C de Comunicación
Artigos web: Illa Bufarda, Uxía Iglesias, Silvia López, Iago Codesido
Programación web: Ifrit (2017-2019) e Triwus (2020-2021)
Fotografía: Pilar Abades (2017-2018) e Xiana Quintas (2019,2021)
Subtitulado: A Sorregueira. Cultura e Tradução
MERGÚLLATE! LE EN GALEGO
MERGÚLLATE! #LEENGALEGO
2019
Campaña de promoción da lectura en galego formada por un vídeo promocional, cinco bookshelftour con lectores e lectoras de perfís diferentes e breves pílulas adaptadas para usar nas redes sociais da entidade.