RAÍCES. DA UTOPÍA EN DIANTE

RAÍCES. DA UTOPÍA EN DIANTE

2024

Raíces. Da utopía en diante é unha curtametraxe de ficción utópica que vén a ser a culminación dun obradoiro de creación colectiva coordinado por Feitoría Verde e realizado coas mulleres da Asociación Veciñal O Reguiño na parroquia de Biduído en Ames.

O desenvolvemento da curtamentraxe realizouse durante meses e viu a destacar a capacidade transformadora dos procesos creativos, onde o audiovisual pasa a ser unha linguaxe de cohesión que permite crear relatos e achegarse a novas realidades.

Cliente: Feitoría Verde

A escritura de guión converteuse nun proceso invisible grazas a múltiples dinámicas e xogos que serviron de motor para a creatividade en colectivo. Os vínculos estiveron presentes de inicio a fin, como ferramenta educativa e como motor para a transformación social.

Vimos de realizar unha xira de distribución de proximidade, levando a curtametraxe por diferentes localidades e espazos.

Onde estivemos?

  • 15 de maio de 2025 ás 20:00 horas no Auditorio A Fábrica de Oleiros. Organizado por CEIDA.
  • 17 de setembro de 2025 ás 20:00 horas na Fundación Seoane da Coruña. Festival Elas son Artistas.
  • 23 de decembro de 2025 ás 19:00 horas no Centro Cultural Mahía na parroquia de Bugallido en Ames.
  • 15 de xaneiro de 2026 ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Vedra.
  • 23 de xaneiro de 2026 ás 19:00 horas no Auditorio do Concello de Padrón.
  • 19 de febreiro de 2026 ás 10.30 na Facultade de Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela.
  • 19 e 20 de febreiro de 2026 ás 9.00 horas na Facultade de Educación Social dentro da materia Pegadoxía Social I, na Universidade da Coruña.
  • 26 de marzo de 2026 ás 10.00 horas para o alumnado do IES de Muros, A Coruña.
  • FIN DE XIRA 17 de abril ás 20.00 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.

Raíces. Da utopía en diante conta co apoio á distribución da Deputación da Coruña.

OUTROS TRABALLOS


MANCOMUNIDADE DA FARBUDA

Mancomunidade da Farbuda

2016

Acción de guerrilla de comunicación en contra da plantación masiva de eucaliptos en Galiza. Este fake, que facía crer da existencia de coalas na comarca de Ordes, foi impulsado a través dunha conta de Facebook, coa falsa identidade dunha mancomunidade chamada Farbuda (“Bu-far-da”).

 

A acción, que tivo unha importante repercusión na rede e causou moito interese nos medios de comunicación galegos e estatais chegando a publicarse en moitos deles, foi desmentida o 1 de abril (Día Internacional das Brincadeiras). A acción contou con moitas persoas colaboradoras que se prestaron para participar no material audiovisual, na difusión da acción e na correcta documentación do proxecto.

O proxecto formou parte da exposición Plaga, no Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona (MACBA) no ano 2020, comisariada polo Grupo de Investigación de Ecologías Culturales 2019-2020.

A acción da Mancomunidade da Farbuda tamén foi publicada no caderno de fotografía Caleidoscópica no número 6, Ficções, do ano 2021.


S.E.X. WEBSERIE

S.E.X. WEBSERIE

2020

Serie web transmedia sobre sexualidade para adolescentes realizada conxuntamente coa Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia (ASEIA). A serie, protagonizada Sara, Edu e Xela, consta de seis capítulos que se lanzaron no Youtube entre outubro de 2019 e marzo de 2020. Neste período e dentro deste proxecto, ASEIA realizou unha asesoría en liña gratuíta para xente moza e obradoiros en centros educativos da provincia da Coruña para divulgar e reflexionar sobre sexualidades sás.

 

S.E.X. webserie foi un proxecto gañador do Premio Luísa Villalta 2019 da Deputación da Coruña.

Serie completa: Youtube

Formato: 16:9 | 1920×1080

Duración: 10 min.

Subtítulos: castelán

Premios:

Dirección, guión:  Illa Bufarda

Produción: Illa Bufarda, ASEIA e Deputación da Coruña.

Asesoramento no guión: ASEIA

Gravación: Illa Bufarda

Música: Don´t matter tonight de Dimitri Reeves.

Edición e montaxe: Illa Bufarda

Animacións: Illa Bufarda

Interpretación: Noelia Liñares Mayo, Ángel Calo e Iria Freire.

Subtitulación: A Sorregueira Cultura e Tradução

Xestión das redes sociais: Illa Bufarda


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center