CARVALHO CALERO, LETRAS GALEGAS 2020

CARVALHO CALERO, LETRAS GALEGAS 2020

2020

Peza audiovisual animada sobre a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero para conmemorar as Letras Galegas 2020.

Cliente:  AFundación, Obra Social ABANCA

Duración: 4 min.

Voz en off: Xosé Barato


A GUERRA DE ESPAÑA EN GALICIA

A GUERRA DE ESPAÑA EN GALICIA

2023

Vídeo divulgativo animado sobre a Guerra de España en Galicia para Memoria de Elefanta, un proxecto de memoria histórica dirixido á mocidade.

Cliente: Concello de Pontevedra

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 11 min.

Guión: Cristina Corral Soilán e Illa Bufarda.

Asesoramento: María Xesús López e Xosé Álvarez Castro

Voz en off: Rocío González

Estudio de gravación: NVelar

Músicas:  Loneliest Road de Jesse Gallagher, Nothing Left de Dave Deville, Blood Eagle de Alexander Nakarada, Compyjazz de MacLeod, Big Drumming de Kevin MacLeod e Inspiring Noir Piano Waltz de MusicLFiles


XORNADAS MULLER E SAÚDE

XORNADAS MULLER E SAÚDE

2019

Clienta: Lidia Senra, deputada do Parlamento Europeo.

 

Elaboración do deseño e material gráfico (cartel, programa da xornada e banners para prensa) e vídeo promocional da Xornada de Mulleres e Saúde.


INVENTARIO DE VESPOIDEAS

INVENTARIO DE VESPOIDEAS

2021

As vespoideas son unha familia de insectos entre as que se atopan as formigas e as avésporas. Tanto unhas coma outras son traballadoras e aplicadas e son un elo imprescindible do noso ecosistema. Nesta serie de vídeos presentámosvos as vespoideas máis vespoideas de todas as vespoideas, persoas inventoras que coa súa imaxinación e enxeño crean e constrúen nun mundo no que parece que xa está todo feito.

 

Neste Inventario de vespoideas coñeceremos a makers do país cunhas ideas magníficas, pioneiras e orixinais que non nos deixarán indiferentes.

 

Xa che picou a curiosidade das vespoideas?

Cliente: Nós Televisión

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 15 min.

Música: Two Little Bums de The Great North Sound Society , Timeless de Lauren Duski e Sage de Slenderbeats.


ALDEAS LIBRES DE MACROEÓLICOS

ALDEAS LIBRES DE MACROEÓLICOS

2020

Campaña de denuncia social contra o plan de instalación dun parque de macroeólicos na comarca de Ordes e na zona de Curtis. Está composta de tres vídeos que explican a problemática, os efectos sociais e as características propias deste parque de macroeólicos. Tamén deseñamos a identidade corporativa, gráficos explicativos, a apariencia web e bandeirolas para a veciñanza.

Cliente: Colectivo Aldeas Libres de Macroéolicos da comarca de Ordes e zona de Curtis

Voz en off: Loreto Reviejo Ares

Estudio de gravación da voz en off: A Ponte Estudio

Recreación 3D: Colorado estudio creativo

Programación web: Triwus


OLLADAS SOBRE O MUSEO: ANIMACIÓN, FOTOGRAMA A FOTOGRAMA

OLLADAS SOBRE O MUSEO: ANIMACIÓN, FOTOGRAMA A FOTOGRAMA

2013

Intervención feita para o Museo do Pobo Galego na que reinterpretamos o espazo museístico desde a disciplina da animación.

 

Reflexionamos, con stop-motion e animación 2D, sobre catro temas da nosa etnografía: recursos, migración, feísmo e tradición oral. Estas animacións foron proxectadas como instalacións nun percorrido guiado a través de diversos elementos.

Cliente: Museo do Pobo Galego

Os elementos que guiaron ao público dunha proxección a outra polo Museo do Pobo Galego foron: follas de eucalipto, fío branco, cascallos e barcos de papel.


FESTAS DO BARRIO DE SAN PEDRO

FESTAS DO BARRIO DE SAN PEDRO

2015

Animación resultante do stop-motion colectivo realizado dentro da programación das Festas do Barrio de San Pedro, Santiago de Compostela, baixo o lema "Vén animar a festa”.

Cliente: Comisión de Festas do Barrio de San Pedro

Duración: 1 min.


A FÁBRICA DE CARMELA [A GRAMOLA GOMINOLA]

A FÁBRICA DE CARMELA, A GRAMOLA GOMINOLA

2018

Videoclip en animación stop-motion con papel do tema “A Fábrica de Camela” de A Gramola Gominola.

Cliente: A Gramola Gominola

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 4 min.

Xénero: videoclip


II FESTIVAL ROSALÍA

II FESTIVAL ROSALÍA

2018

Peza audiovisual promocional da segunda edición do Festival Rosalía que se celebra en Santiago de Compostela organizada por Maos Innovación Social. Foi divulgada nas redes sociais e nos cines Numax.

Cliente: Cultura da Deputación da Coruña

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 30 seg.

As ilustracións da animación realizámolas a partir da imaxe de Rosalía de Castro deseñada por Maos Innovación Social.


AS AVENTURAS DE PO

AS AVENTURAS DE PO

2020

Serie web de animación realizada para o Programa Apego, proxecto para a socialización en galego de crianzas entre 0 e 6 anos. En cada capítulo das Aventuras de Po aprendemos unha morea de cousas grazas ao polbo Po e a todos os nenos e nenas que comparten os seus saberes.

 

Cliente: Programa Apego

Duración: 6 capítulos de 2 min.

Finalista Mestre Mateo 2017 mellor serie web

Voz de Po: Rocío González

Música: Beetle Grinder de Serge Ozeryan


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center