YOUTUBEIRAS

YOUTUBEIRAS

De 2017 a 2022

Conceptualización, deseño da identidade corporativa, comunicación, videocreación, deseño gráfico, xestión de redes, produción e xestión integral do proxecto Youtubeiras e dos seus premios, durante as seis primeiras edicións deste proxecto, que ten como obxectivo encher a Rede de vídeos en galego.

 

Na sexta edición dos Premios Youtubeiras presentáronse 74 canles das cales 46 participaron por primeira vez no certame.

Cliente: Servizos de Normalización Lingüística de diversas entidades

Nestas seis edicións, realizamos actividades formativas presenciais e en liña para fomentar os espazos de convivencia entre as persoas creadoras do Youtube en galego, algunhas delas impartidas por Illa Bufarda. Tamén elaboramos material formativo e divulgativo audiovisual e escrito.

 

As galas de entrega de premios de cada edición foron deseñadas, dirixidas e producidas por Illa Bufarda.


Comunicación
: Alberto Ramos, con C de Comunicación

Artigos web: Illa Bufarda, Uxía Iglesias, Silvia López, Iago Codesido

Programación web: Ifrit (2017-2019) e Triwus (2020-2021)

Fotografía: Pilar Abades (2017-2018) e Xiana Quintas (2019-2021)

Subtitulado: A Sorregueira. Cultura e Tradução


HISTORIA DUNHA NENA NAMORADA DO MAR

HISTORIA DUNHA NENA NAMORADA DO MAR

2024

Tráiler e cobertura fotográfica de Historia dunha nena namorada do mar, a primeira obra de teatro da compañía O Sol de Outono, a nova firma teatral de Soraya Lema Carballo.

Clienta: Soraya Lema Carballo

Duración: 1 min.

Lingua orixinal: galego


O SOL DE OUTONO

O SOL DE OUTONO

2024

Vídeo e sesión fotográfica de presentación do Sol de Outono, a nova firma teatral de Soraya Lema Carballo.

Clienta: Soraya Lema Carballo

Duración: 3 min.

Música: “Vals de pasmar” de Caamaño & Ameixeiras, ©&Microscopi


PORTUGUÊS, AMOR A PRIMEIRA VISTA

PORTUGUÊS, AMOR A PRIMEIRA VISTA 

2021 - 2024

Conceptualización e creación da campaña de comunicación da entidade, execución da estratexia creativa e elaboración da identidade gráfica. Creación de pezas audiovisuais dirixidas a diversos niveis educativos para promover o estudo do portugués nas aulas. 

Cliente: Associação Docentes Português na Galiza

Duración: 4 min.

Lingua: portugués

Creamos material gráfico específico para as redes sociais e deseñamos un cartel que da acceso a todos os vídeos da asociación a través de códigos QR.


MERGÚLLATE! LE EN GALEGO

MERGÚLLATE! #LEENGALEGO

2019

Campaña de promoción da lectura en galego formada por un vídeo promocional, cinco bookshelftour con lectores e lectoras de perfís diferentes e breves pílulas adaptadas para usar nas redes sociais da entidade.

Cliente: Asociación Galega de Editoras

Duración: 1 min.

Premio:

A campaña inclúe tamén o deseño gráfico para a impresión de bolsas de tea, marcapáxinas, cartelería e lona para feiras.


FRIDA

FRIDA

2023

Deseño gráfico de cartel e marcapáxinas de Frida, obra teatral da compañía A Cova das Letras. Tamén fixemos o tráiler e o rexistro fotográfico na estrea.

Cliente: A Cova das Letras

Música: Manu Paino

Para o deseño gráfico inspirámonos no vestiario que elabora La Canalla para a obra teatral. Unha roupa chea de texturas, detalles e cores coa que recrean os cadros máis icónicos de Frida.


CARABUÑAS É SABUGUEIRO

CARABUÑAS É SABUGUEIRO

2019

Vídeo promocional de Carabuñas, proxecto de recuperación do sabugueiro a través de catro liñas:  alimentación, investigación, cultivo e cultura. 

Cliente: Carabuñas

Duración: 1 min.

Versións: castelán e inglés

Voz en off: Rocío González

Música: Tropanka de Oîma

Subtitulación: Árbore Azul


II FESTIVAL ROSALÍA

II FESTIVAL ROSALÍA

2018

Peza audiovisual promocional da segunda edición do Festival Rosalía que se celebra en Santiago de Compostela organizada por Maos Innovación Social. Foi divulgada nas redes sociais e nos cines Numax.

Cliente: Cultura da Deputación da Coruña

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 30 seg.

As ilustracións da animación realizámolas a partir da imaxe de Rosalía de Castro deseñada por Maos Innovación Social.


UNHA EDICIÓN PODEROSA

UNHA EDICIÓN PODEROSA

2022 - 2025

Material audiovisual para representar á Asociación Galega de Editoras na Feira de Frankfurt 2022 e que tivo continuidade para seguir a valorizar a creación literaria en galego. O lema deste vídeo vén da fortaleza da nosa literatura que conta con Premios Nacionales en todas as categorías.

Cliente: Asociación Galega de Editoras

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 1 min.

Lingua orixinal: galego e castelán

Subtítulos: castelán e inglés

Subtítulos en español: A Sorregueira Cultura e Tradução

Subtítulos en inglés: Raquel Senra

Fotografías: Arquivo AELG Distrito Xermar, Arquivo AELG Santos Díez, Xerais, Daniel Duarte, Real Academia Galega e Editorial Kalandraka

Música: Continent ANBR Adrián Berenguer, The Journey

Plató: Facultade de Ciencias da Comunicación


APEGO

APEGO

2017

Material audiovisual para o Apego, un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.

 

Realizamos o vídeo promocional e un vídeo explicativo para aclarar como darse de alta no servizo e que beneficios achega ás familias. 

 

Os vídeos contan con pequenas animacións en 2D feitas s a partir dos elementos da imaxe gráfica do proxecto.

Cliente: Programa Apego

Duración: 2 min.

Música: Moliñeira de Bazal de Orquestra de Jazz de Galicia e Care Free Ukelele de Seastock

Subtítulos: galego


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center