YOUTUBEIRAS

YOUTUBEIRAS

De 2017 a 2022

Conceptualización, deseño da identidade corporativa, comunicación, videocreación, deseño gráfico, xestión de redes, produción e xestión integral do proxecto Youtubeiras e dos seus premios, durante as seis primeiras edicións deste proxecto, que ten como obxectivo encher a Rede de vídeos en galego.

 

Na sexta edición dos Premios Youtubeiras presentáronse 74 canles das cales 46 participaron por primeira vez no certame.

Cliente: Servizos de Normalización Lingüística de diversas entidades

Nestas seis edicións, realizamos actividades formativas presenciais e en liña para fomentar os espazos de convivencia entre as persoas creadoras do Youtube en galego, algunhas delas impartidas por Illa Bufarda. Tamén elaboramos material formativo e divulgativo audiovisual e escrito.

 

As galas de entrega de premios de cada edición foron deseñadas, dirixidas e producidas por Illa Bufarda.


Comunicación
: Alberto Ramos, con C de Comunicación

Artigos web: Illa Bufarda, Uxía Iglesias, Silvia López, Iago Codesido

Programación web: Ifrit (2017-2019) e Triwus (2020-2021)

Fotografía: Pilar Abades (2017-2018) e Xiana Quintas (2019-2021)

Subtitulado: A Sorregueira. Cultura e Tradução

OUTROS TRABALLOS


PORTUGUÊS, AMOR A PRIMEIRA VISTA

PORTUGUÊS, AMOR A PRIMEIRA VISTA 

2021 - 2024

Conceptualización e creación da campaña de comunicación da entidade, execución da estratexia creativa e elaboración da identidade gráfica. Creación de pezas audiovisuais dirixidas a diversos niveis educativos para promover o estudo do portugués nas aulas. 

Cliente: Associação Docentes Português na Galiza

Duración: 4 min.

Lingua: portugués

Creamos material gráfico específico para as redes sociais e deseñamos un cartel que da acceso a todos os vídeos da asociación a través de códigos QR.


MERGÚLLATE! LE EN GALEGO

MERGÚLLATE! #LEENGALEGO

2019

Campaña de promoción da lectura en galego formada por un vídeo promocional, cinco bookshelftour con lectores e lectoras de perfís diferentes e breves pílulas adaptadas para usar nas redes sociais da entidade.

Cliente: Asociación Galega de Editoras

Duración: 1 min.

Premio:

A campaña inclúe tamén o deseño gráfico para a impresión de bolsas de tea, marcapáxinas, cartelería e lona para feiras.


XORNADAS MULLER E SAÚDE

XORNADAS MULLER E SAÚDE

2019

Clienta: Lidia Senra, deputada do Parlamento Europeo.

 

Elaboración do deseño e material gráfico (cartel, programa da xornada e banners para prensa) e vídeo promocional da Xornada de Mulleres e Saúde.


MANCOMUNIDADE DA FARBUDA

Mancomunidade da Farbuda

2016

Acción de guerrilla de comunicación en contra da plantación masiva de eucaliptos en Galiza. Este fake, que facía crer da existencia de coalas na comarca de Ordes, foi impulsado a través dunha conta de Facebook, coa falsa identidade dunha mancomunidade chamada Farbuda (“Bu-far-da”).

 

A acción, que tivo unha importante repercusión na rede e causou moito interese nos medios de comunicación galegos e estatais chegando a publicarse en moitos deles, foi desmentida o 1 de abril (Día Internacional das Brincadeiras). A acción contou con moitas persoas colaboradoras que se prestaron para participar no material audiovisual, na difusión da acción e na correcta documentación do proxecto.

O proxecto formou parte da exposición Plaga, no Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona (MACBA) no ano 2020, comisariada polo Grupo de Investigación de Ecologías Culturales 2019-2020.

A acción da Mancomunidade da Farbuda tamén foi publicada no caderno de fotografía Caleidoscópica no número 6, Ficções, do ano 2021.


S.E.X. WEBSERIE

S.E.X. WEBSERIE

2020

Serie web transmedia sobre sexualidade para adolescentes realizada conxuntamente coa Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia (ASEIA). A serie, protagonizada Sara, Edu e Xela, consta de seis capítulos que se lanzaron no Youtube entre outubro de 2019 e marzo de 2020. Neste período e dentro deste proxecto, ASEIA realizou unha asesoría en liña gratuíta para xente moza e obradoiros en centros educativos da provincia da Coruña para divulgar e reflexionar sobre sexualidades sás.

 

S.E.X. webserie foi un proxecto gañador do Premio Luísa Villalta 2019 da Deputación da Coruña.

Serie completa: Youtube

Formato: 16:9 | 1920×1080

Duración: 6 capítulos de 10 min.

Subtítulos: castelán

Premios:

Dirección, guión:  Illa Bufarda

Produción: Illa Bufarda, ASEIA e Deputación da Coruña.

Asesoramento no guión: ASEIA

Gravación: Illa Bufarda

Música: Don´t matter tonight de Dimitri Reeves.

Edición e montaxe: Illa Bufarda

Animacións: Illa Bufarda

Interpretación: Noelia Liñares Mayo, Ángel Calo e Iria Freire.

Subtitulación: A Sorregueira Cultura e Tradução

Xestión das redes sociais: Illa Bufarda


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center