CON ETIQUETA

CON ETIQUETA

2012

Cliente: A Creba, asociación pro saúde mental

Deseño de cartel colgante e caixa de DVD do filme "Con Etiqueta", un documental sobre saúde mental dirixido por Adriana P. Villanueva.


ALENTO PSICOLOXÍA

ALENTO PSICOLOXÍA

2015

Clienta: Ana Seijo Cuba

Creación de identidade corporativa e deseño das tarxetas de visita. 


XORNADAS MULLER E SAÚDE

XORNADAS MULLER E SAÚDE

2019

Clienta: Lidia Senra, deputada do Parlamento Europeo.

 

Elaboración do deseño e material gráfico (cartel, programa da xornada e banners para prensa) e vídeo promocional da Xornada de Mulleres e Saúde.


ALDEAS LIBRES DE MACROEÓLICOS

ALDEAS LIBRES DE MACROEÓLICOS

2020

Campaña de denuncia social contra o plan de instalación dun parque de macroeólicos na comarca de Ordes e na zona de Curtis. Está composta de tres vídeos que explican a problemática, os efectos sociais e as características propias deste parque de macroeólicos. Tamén deseñamos a identidade corporativa, gráficos explicativos, a apariencia web e bandeirolas para a veciñanza.

Cliente: Colectivo Aldeas Libres de Macroéolicos da comarca de Ordes e zona de Curtis

Voz en off: Loreto Reviejo Ares

Estudio de gravación da voz en off: A Ponte Estudio

Recreación 3D: Colorado estudio creativo

Programación web: Triwus


PREMIOS LUÍS PORTEIRO GAREA

PREMIOS LUÍS PORTEIRO GAREA

2017 e 2018

Cliente: Universidade de Santiago de Compostela

Creación de identidade corporativa dos Premios Luís Porteiro Garea á promoción e uso da lingua galega. Elaboración de cartelería, trípticos e outros elementos gráficos.

O deseño está inspirado no motivo floral que adorna os asentos do Paraninfo da Universidade, lugar onde Luís Porteiro Garea pronuncia a primeira lección en galego da que se ten constancia.

 

Fotografía do detalle do asento cedida por Ezcurra e Ouzande arquitectura.


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center