ALINGUA

ALINGUA

2022, 2023

Campaña de comunicación realizada para dar a coñecer a nova asociación Alingua e fomentar o uso e o coñecemento do galego.

Cliente: Alingua

Comunicación en medios: Con C de Comunicación

Deseño en web e identidade corporativa: Desoños

Produción e creación de contidos da unidade didáctica: Maos Innovación Social S. Coop. Galega

Operadoras de cámara de apoio na Cartografía Sensorial: Aqueladas S. Coop e Sonia García

Fotografías do acto de presentación: Denís Estevez

Desenvolvemos unha intensa actividade en redes sociais con materiais propios, audiovisuais, sorteos, adhesivos para conversas en liña, sintonía propia, filtro de Instagram e colaboracións de persoas referentes.

 

Para fomentar a presenza da asociación nos seus concellos, póñense a disposición da veciñanza bandeirolas e adhesivos para o comercio local. Ademais, creamos unha sección nas redes sociais con frases destacadas de veciños e veciñas desas localidades con proxección pública e compromiso coa lingua. Ideamos os Alinguaclips, deseños para dar a coñecer curiosidades relacionadas coa lingua e a cultura en cada concello. Tamén realizamos unha Cartografía Sensorial na que cada concello comparte unha cor identificativa e tres postais sonoras que reflicten a riqueza lingüística de cada lugar.

 

Para os centros educativos, deseñamos unha unidade didáctica e un póster para traballar na aula con persoas referentes no uso do galego en diversos ámbitos.

Realizamos o deseño e a produción do acto público de presentación da Asociación de entidades locais pola lingua galega, Alingua.


CANTIGAS E AGARIMOS

CANTIGAS E AGARIMOS

2022

Sesión fotográfica da agrupación Cantigas e Agarimos no parque de Bonaval de Santiago de Compostela con motivo da celebración do seu centenario (1921-2021).

Cliente: Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos


O TEU MACHISMO DÁ NOXO

O TEU MACHISMO DÁ NOXO #senprórroga

2023

Campaña de comunicación para o 25N composta por deseños para redes sociais, vídeos, proxeccións na rúa e materiais gráficos para diferentes aplicacións. 

 

O noxo articula a campaña nos seus dous piares: por un lado, as diferentes formas de violencia na mocidade e por outra banda, no deporte. A partir da conexión cunha emoción preténdese crear movemento, conmover e, no fin, mobilizar e sensibilizar.

 

Un total de 13 deportistas locais protagonizan as pezas audiovisuais da campaña nas que se implicaron tamén os seus clubs.

Cliente: Concello de Santiago de Compostela

Lonas, vasos e sacas de papel, manteis para hostalaría, vinilos para o comercio, marquesiñas e traseiras dos urbanos foron algúns dos elementos e lugares nos que se difundiu a campaña.

 

Súmanse tamén catro proxeccións en emprazamentos chave da cidade, nas que se lanzan preguntas directas e incisivas co obxectivo de facer reflexionar sobre as agresións sexuais en relación ao lugar que se habita ou transita no día a día.


YOUTUBEIRAS

YOUTUBEIRAS

De 2017 a 2022

Conceptualización, deseño da identidade corporativa, comunicación, videocreación, deseño gráfico, xestión de redes, produción e xestión integral do proxecto Youtubeiras e dos seus premios, durante as seis primeiras edicións deste proxecto, que ten como obxectivo encher a Rede de vídeos en galego.

 

Na sexta edición dos Premios Youtubeiras presentáronse 74 canles das cales 46 participaron por primeira vez no certame.

Cliente: Servizos de Normalización Lingüística de diversas entidades

Nestas seis edicións, realizamos actividades formativas presenciais e en liña para fomentar os espazos de convivencia entre as persoas creadoras do Youtube en galego, algunhas delas impartidas por Illa Bufarda. Tamén elaboramos material formativo e divulgativo audiovisual e escrito.

 

As galas de entrega de premios de cada edición foron deseñadas, dirixidas e producidas por Illa Bufarda.


Comunicación
: Alberto Ramos, con C de Comunicación

Artigos web: Illa Bufarda, Uxía Iglesias, Silvia López, Iago Codesido

Programación web: Ifrit (2017-2019) e Triwus (2020-2021)

Fotografía: Pilar Abades (2017-2018) e Xiana Quintas (2019-2021)

Subtitulado: A Sorregueira. Cultura e Tradução

OUTROS TRABALLOS


PORTU

PORTU

2024

Vídeo realizado para promover a matriculación en Lingua Portuguesa entre o alumnado de Educación Primaria.

Cliente: Associação Docentes Português na Galiza

Duración: 4 min.

Lingua orixinal: portugués

Voz en off: Iolanda Aldrei

Estudio de gravación: La Panificadora


HISTORIA DUNHA NENA NAMORADA DO MAR

HISTORIA DUNHA NENA NAMORADA DO MAR

2024

Tráiler e cobertura fotográfica de Historia dunha nena namorada do mar, a primeira obra de teatro da compañía O Sol de Outono, a nova firma teatral de Soraya Lema Carballo.

Clienta: Soraya Lema Carballo

Duración: 1 min.

Lingua orixinal: galego


OCA

OCA

2024

Rexistro fotográfico da estrea da ópera infantil Oca, dirixida por Gloria Rico.

Cliente: Teatro en Punto


O SOL DE OUTONO

O SOL DE OUTONO

2024

Vídeo e sesión fotográfica de presentación do Sol de Outono, a nova firma teatral de Soraya Lema Carballo.

Clienta: Soraya Lema Carballo

Duración: 3 min.

Música: “Vals de pasmar” de Caamaño & Ameixeiras, ©&Microscopi


OS MILLOS AUSENTES

OS MILLOS AUSENTES

2024

Documental sobre a investigación de Andrés Teira Brión para coñecer os usos e métodos de cultivo do millo miúdo, un cereal case extinto na Península Ibérica tras diversos procesos de globalización. O filme foi gravado en diferentes localidades de Asturias, Galiza e Portugal.

Cliente: University of Oxford

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 24 min.

Lingua orixinal: galego e castelán

Subtítulos: castelán, portugués e inglés

Xénero: documental

Dirección, guión, edición e gravación: Illa Bufarda

Traballo de campo: Andrés Teira Brión

Voz en off: Lucía Veiga

Estudio de gravación: A Ponte

Subtítulos en español e portugués: A Sorregueira Cultura e Tradução

Subtítulos en inglés: Claudia Sáenz Navajas

Música: “Heicho de dar queridiña” de Flora Vázquez. Derradeira polavila: Galicia Vol.1 Copyright 1986 SAGA. Dereitos de uso cedidos por TECNOGASA S.A.

“Ausencia Lenta” de Benxamín Otero. Gardar a auga, alxibe parte 1

Financiado por: Andrés Teira Brión e Universidade de Oxford. Programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea, concedido no marco do convenio da subvención Marie Skłodowska-Curie, No 101018935


PORTUGUÊS, AMOR A PRIMEIRA VISTA

PORTUGUÊS, AMOR A PRIMEIRA VISTA 

2021 - 2024

Conceptualización e creación da campaña de comunicación da entidade, execución da estratexia creativa e elaboración da identidade gráfica. Creación de pezas audiovisuais dirixidas a diversos niveis educativos para promover o estudo do portugués nas aulas. 

Cliente: Associação Docentes Português na Galiza

Duración: 4 min.

Lingua: portugués

Creamos material gráfico específico para as redes sociais e deseñamos un cartel que da acceso a todos os vídeos da asociación a través de códigos QR.


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center