FESTA DO QUEIXO

FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA
2025
Vídeo promocional para a Festa do Queixo de Arzúa no que se celebra a súa 50º aniversario.
Cliente: Concello de Arzúa
Formato: 16:9 | 1920 x 1080
Duración: 1 min.
Lingua orixinal: galego
Xénero: promocional
OUTROS TRABALLOS
ALTAS LUCES

ALTAS LUCESFotografía | Mirada | Xénero
2025
Altas Luces é un encadre doutros posibles, un filme determinado. Un ensaio que indaga nas relacións entre a arte fotográfica e a expresión do desexo desde unha ollada feminista.
Historiadoras da arte, fotógrafas e creadoras visuais debullan a historia das imaxes e da representación dos corpos, ao tempo que revelan as sombras das que, tras da cámara, se atreveron a mirar.
Altas Luces é un proxecto que vai máis aló do propio documental e dispón doutros materiais divulgativos difundidos nas súas RRSS: material gráfico que profundiza sobre a vida e obra das pioneiras da fotografía en Galiza, material reflexivo sobre o acto fotográfico no ámbito persoal e familiar e entrevistas con diversas fotógrafas en activo, que dan conta das miradas diversas que configuran o actual panorama fotográfico galego.
Altas Luces é un proxecto galardoado co Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade 2024 da Deputación da Coruña.
Dirección: Illa Bufarda
Financiación: Deputación Provincial da Coruña
Patrocinio: Deputación Provincial de Lugo
Participan: Charo Lopes (xornalista e fotógrafa), Fernanda Padín (Autora do blog Fotógrafas Pioneiras), Jennifer Novoa (historiadora da arte), Mar Caldas (artista visual), Margarita Ledo (cineasta, xornalista e escritora) e Sabela Fraga (historiadora da arte).
Voz en off: Iria Pinheiro
Estudo de gravación: A Ponte Estudio
Música: Macarena Montesinos, Núa do Álbum Núa, Soa do Álbum Núa e Before the light, co artista sonoro Ranter’s Bay, do Álbum Boogie Desert (songs for a post-apocalyptic western)
Subtítulos ao galego e ao castelán: A Sorregueira Cultura e Tradução
Subtítulos ao inglés: Claudia Sáenz
OUTROS TRABALLOS
LINGUA VITAL XA!

LINGUA VITAL XA!
2025-2026
Deseño da campaña de comunicación da convocatoria da manifestación pola lingua convocada por Queremos Galego. Co lema "Lingua vital xa!" búscase transmitir a forza, a esperanza e a confianza na capacidade que temos como pobo para reverter a situación de emerxencia na que está a nosa lingua.
Un idioma deixa de estar vivo cando non se fala. Apelamos a esa vitalidade convidando a berrar con forza este lema, ao estilo Son Goku, con enerxía e determinación. Continúase coa traxectoria de Queremos Galego de emitir unha mensaxe en positivo e márcase un tempo: ten que ser xa, non podemos demorar máis en cambios políticos efectivos en prol da lingua.
Cliente: Queremos Galego
A nivel audiovisual, esta campaña está composta de tres materiais diferentes: unha animación divulgativa sobre que fitos históricos marcaron a situación sociolingüística actual do galego, un vídeo promocional convocando a asistir á manifestación e pílulas de vídeo nas que persoas influentes se adheriron publicamente á convocatoria de Queremos Galego.
En 2026, Queremos Galego aproveita este lema e impulsa o Proceso Lingua Vital con medidas específicas para frear a emerxencia lingüística. Para divulgalo, Illa Bufarda realiza un cartel inspirado na guerrilla contrapublicitaria cun QR que leva á web con información deste proceso. A continuación, deseñamos outro cartel coa estética dos protocolos de evacuación coa convocatoria a un acto de presentación do Lingua Vital. Neste acto, proxéctase un vídeo divulgativo que explica o contexto sociolingüístico no que xorde este proceso e explica as súas medidas principais.
DELAS FEST 2024

DELAS FEST
2024
Vídeo promocional do Delas Fest 2024, festival feminista internacional de arte urbana e contextual.
Cliente: 7H Coop
Formato: 16:9 | 1920 x 1080
Duración: 3 min.
Lingua orixinal: galego
Subtítulos: galego
Xénero: promocional
Dirección, guión, gravación e edición: Illa Bufarda
Subtítulos ao galego: A Sorregueira Cultura e Tradução
Interveñen: Pri Barbosa, Rame 13, Paula Calavera, Lupita Hard, Nana, Raquel Cermade e Smile.Scq.
Música: Atakando do álbum Aquí están as que ghritan de Flow do Toxo e In Hip Hop de Vivaleum
OUTROS TRABALLOS
RAÍCES. DA UTOPÍA EN DIANTE

RAÍCES. DA UTOPÍA EN DIANTE
2024
Raíces. Da utopía en diante é unha curtametraxe de ficción utópica que vén a ser a culminación dun obradoiro de creación colectiva coordinado por Feitoría Verde e realizado coas mulleres da Asociación Veciñal O Reguiño na parroquia de Biduído en Ames.
O desenvolvemento da curtametraxe realizouse durante meses e viu a destacar a capacidade transformadora dos procesos creativos, onde o audiovisual pasa a ser unha linguaxe de cohesión que permite crear relatos e achegarse a novas realidades.
Cliente: Feitoría Verde
Raíces. Da utopía en diante conta co apoio á distribución da Deputación da Coruña. Esta curtametraxe proxectouse en:
- 15 de maio de 2025 no Auditorio A Fábrica de Oleiros. Organizado por CEIDA.
- 17 de setembro de 2025 na Fundación Seoane da Coruña. Festival Elas son Artistas.
- 23 de decembro de 2025 no Centro Cultural Mahía na parroquia de Bugallido en Ames.
- 15 de xaneiro de 2026 no Centro Sociocultural de Vedra.
- 23 de xaneiro de 2026 no Auditorio do Concello de Padrón.
- 19 de febreiro de 2026 na Facultade de Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela.
- 19 e 20 de febreiro de 2026 na Facultade de Educación Social dentro da materia Pegadoxía Social I, na Universidade da Coruña.
- 26 de marzo de 2026 para o alumnado do IES de Muros, A Coruña.
- FIN DE XIRA 17 de abril de 2026 na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.

QUE A VERGOÑA SEXA DELES

QUE A VERGOÑA SEXA DELES. PARA NÓS, O BENQUERER
2024
Deseño da campaña de comunicación para o concello de Arzúa con motivo do 25N.
A idea central responde á necesidade e desexo de visibilizar que a vergoña debe cambiar de bando e que se deconstrúa o perfil estereotipado dos homes maltratadores. Búscase concienciar á sociedade arredor da violencia de xénero ofrecendo datos, que trasladados ao territorio que nos ocupa, poidan ter un impacto sobre os diferentes tipos de maltrato. A intención é rachar co silencio e convidar ao pobo a non ser cómplice ante a violencia cara as mulleres.
Esta campaña tamén propón unha alternativa: ser do benquerer para relacionarnos de xeito respectuoso, feminista e igualitario.
Cliente: Concello de Arzúa
Elaboramos os diferentes aplicativos gráficos tales como: elementos para redes sociais, díptico das actividades que o concello ofrece polo 25N, carteis das actividades, bolsas para os comercios, manteis para os bares de Arzúa, muppies e unha lona para o concello fixeron visible esta campaña no municipio.
ANATOMÍA DUN FORNO

ANATOMÍA DUN FORNO
2024
O pasado e o presente entrelázanse a través dun fráxil fío: a memoria, tamén preservada nos materiais inertes onde perduran as pegadas da historia. Anatomía dun forno mergúllase na Idade de Ferro para explorar, mediante a arqueoloxía experimental, o forno cerámico de Castromao (Galiza). A análise dos materiais permítenos comprender mellor os procesos do pasado, pero tamén lembrar que, como a memoria, a anatomía dos obxectos sempre garda incógnitas.



Cliente: Universidade de Santiago de Compostela
Formato: 16:9 | 1920 x 1080
Duración: 30 min.
Lingua orixinal: galego
Subtítulos: castelán e inglés
Xénero: documental
Dirección, guión, gravación e edición: Illa Bufarda
Subtítulos en español: A Sorregueira Cultura e Tradução
Subtítulos en inglés: Claudia Saénz
Interveñen: Andrés Teira Brión, Pepa Rey Castiñeira, Tomás López González, Estevo Amado Rodríguez, Fernán Álvarez
Música: Líneas, borrón y puntos de Dous e Traces of the past, de Michal Bylina e Antonio Romero Cienfuegos.
ENRAIZADAS

ENRAIZADAS
2021
Enraizadas formúlase como un proxecto audiovisual de fomento do consumo responsable e de proximidade e de defensa dos valores da igualdade. A campaña está protagonizada por sete mulleres, produtoras de seis concellos distintos das comarcas do Eume e Ferrolterra, que teñen algún tipo de vinculación co sector agroalimentario.
Cliente: Euroeume
Formato: 16:9 | 1920 x 1080
Duración: 4 min.
Dirección: Illa Bufarda
Traballo de campo: Rexenerando S. Coop. Galega
Guión: Illa Bufarda e Rexenerando S. Coop. Galega
Produción: Rexenerando S. Coop. Galega
Moderador/a entrevista: Rexerando S. Coop. Galega
Gravación: Illa Bufarda
Música: Maribel de Caamaño Ameixeiras
Edición e montaxe: Illa Bufarda
OUTROS TRABALLOS
O GRAN RETO

O GRAN RETO
2023
Webserie, a modo de vlog, na que tres persoas castelánfalantes mostran a realidade do seu proceso de transición ao galego.
Cliente: Alingua
Xénero: Webserie
Formato: 16:9 | 1920 x 1080
Duración: 10 min.
Serie completa: Youtube de Alingua
É TÚA. PÁSAA! [FÁTIMA PEGO E GRANDE AMORE]

É TÚA. PÁSAA!, FÁTIMA PEGO E GRANDE AMORE
2023
Videoclip creado para Alingua coa colaboración de Fátima Pego e Grande Amore. É túa. Pásaa! é o lema da campaña colaborativa, que ten como obxectivos estar presente en diferentes ámbitos sociolingüísticos e achegar a lingua a un público interxeracional, mais con especial atención á mocidade. O tema creado reflicte o carácter polifacético da asociación, onde a mestura é un piar fundamental.
Cliente: Alingua
Duración: 3 min.
Composición e interpretación musical: Fátima Pego e Nuno Pico
Gravación e masterización musical: Josep Ludwing Ruiz e Edward Machado
Dirección de movemento: Ánxela Blanco
Coreografía: Ánxela Blanco, Sabela Domínguez e Eloi García
Colabora: Asociación Cultural Foula de Tenorio (Cotobade) e Pazo de Lourizán (Pontevedra)






























































































