NEGRO PÚRPURA

NEGRO PÚRPURA

2021

Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do cláviceps purpúrea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época.

 

Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD.

 

Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 82 min

Lingua orixinal: galego, español, inglés e alemán

Subtítulos: galego, castelán e inglés

Xénero: documental

Dirección e guión: Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva

Traballo de campo: Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva

Produción: Illa Bufarda

Gravación: Illa Bufarda

Dirección na rodaxe: Sabela Iglesias

Dirección de fotografía: Pilar Abades

Axudante de cámara: Sabela Iglesias

Son directo: Adriana P. Villanueva

Posprodución de son: Marco Maril

Banda Sonora Orixinal: Paulo Pascual Castro

Efectos especiais: Adriana P. Villanueva

Edición e montaxe: Sabela Iglesias

Posprodución: Adriana P. Villanueva

Voz en off: Dolores Castro Viaño, Toni Salgado, Xosé Barato, Bernardo Casado, Paco Barreiro, Txema Regalado, Matthias Rehrl e Oliver Besthorn

Estudo de gravación: Estudio A Ponte e Trágora Voice Over

Deseño gráfico: Pilar Abades

Deseño web: Brétemas Comunicación

Subtitulación: A Sorregueira Cultura e Tradução, Raquel Senra Fernández e Matthew Craig Newton

Prensa: Alberto Ramos (micromecenado) e Begin Again Films (distribución)

Distribución: Begin Again Films

Financiado por: 276 persoas e entidades a través de micromecenado, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra, Deputación de Lugo, Concello de Maside, Concello do Barco de Valdeorras e Concello de Mesía

Co apoio de: Museo do Pobo Galego, Museo Etnográfico da Limia, Asociación Antropolóxica Galega, e Asociación de Estudos Históricos Hume


ALDEAS LIBRES DE MACROEÓLICOS

ALDEAS LIBRES DE MACROEÓLICOS

2020

Campaña de denuncia social contra o plan de instalación dun parque de macroeólicos na comarca de Ordes e na zona de Curtis. Está composta de tres vídeos que explican a problemática, os efectos sociais e as características propias deste parque de macroeólicos. Tamén deseñamos a identidade corporativa, gráficos explicativos, a apariencia web e bandeirolas para a veciñanza.

Cliente: Colectivo Aldeas Libres de Macroéolicos da comarca de Ordes e zona de Curtis

Voz en off: Loreto Reviejo Ares

Estudio de gravación da voz en off: A Ponte Estudio

Recreación 3D: Colorado estudio creativo

Programación web: Triwus


A FÁBRICA DE CARMELA [A GRAMOLA GOMINOLA]

A FÁBRICA DE CARMELA, A GRAMOLA GOMINOLA

2018

Videoclip en animación stop-motion con papel do tema “A Fábrica de Camela” de A Gramola Gominola.

Cliente: A Gramola Gominola

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 4 min.

Xénero: videoclip


II FESTIVAL ROSALÍA

II FESTIVAL ROSALÍA

2018

Peza audiovisual promocional da segunda edición do Festival Rosalía que se celebra en Santiago de Compostela organizada por Maos Innovación Social. Foi divulgada nas redes sociais e nos cines Numax.

Cliente: Cultura da Deputación da Coruña

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 30 seg.

As ilustracións da animación realizámolas a partir da imaxe de Rosalía de Castro deseñada por Maos Innovación Social.


AS AVENTURAS DE PO

AS AVENTURAS DE PO

2020

Serie web de animación realizada para o Programa Apego, proxecto para a socialización en galego de crianzas entre 0 e 6 anos. En cada capítulo das Aventuras de Po aprendemos unha morea de cousas grazas ao polbo Po e a todos os nenos e nenas que comparten os seus saberes.

 

Cliente: Programa Apego

Duración: 6 capítulos de 2 min.

Finalista Mestre Mateo 2017 mellor serie web

Voz de Po: Rocío González

Música: Beetle Grinder de Serge Ozeryan


CÓNTAME UN CONTO

CÓNTAME UN CONTO

2021

Material audiovisual, protagonizado por María da Pontragha, para botar a andar Cóntame un conto, un proxecto educativo impulsado pola Fundación Antonio Fraguas. Este proxecto busca aproveitar as posibilidades educativas de contar contos, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.

Cliente: Fundación Antonio Fraguas, Museo do Pobo Galego

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 10 min.

Deseño gráfico: Numax


MÁIS LABREGAS, MELLORES ALIMENTOS

MÁIS LABREGAS, MELLORES ALIMENTOS

2021

Vídeo divulgativo sobre a Política Agraria Común e o seu impacto na nosa alimentación e no noso territorio. 

Cliente: Sindicato Labrego Galego

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 8 min.

Voz en off: Cristina Collazo


NO SÉCULO UN CANTAR

NO SÉCULO UN CANTAR

2022

Creación da serie sobre a historia da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos no seu Centenario (1921-2021), contada por persoas integrantes, desde os comezos anos ata hoxe.

Cliente: Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos

Serie completa: Vimeo

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 10 min.

Interpretación: Sonia García (fotógrafa intro)

Música: Pezas do disco O Corazón Aberto de Cantigas e Agarimos

A partir do logotipo da agrupación, deseñamos e animamos as follas que o compoñen, para crear movemento nos capítulos e como transicións cun estilo propio.


MUIÑEIRA FLOREADA [RICHI CASÁS]

MUIÑEIRA FLOREADA, RICHI CASÁS

2020

Videoclip realizado para o tema musical Muiñera Floreada do álbum Fuliada na Vila de Richi Casás, producido e editado por ACENTRAL FOLQUE. 

Cliente: aCentral Folque

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 4 min.

Reparto: Alejandro Gándara, Blanca Albán Gilino, Hadrián García Pérez, Olaia Tubío, Olalla Salgueiro Cuíña, Ramón do Serrador, Richi Casás.

Imaxes aéreas: Film Eventos


HORAS EXTRA [ATAQUE ESCAMPE]

HORAS EXTRA, ATAQUE ESCAMPE

2014

Videoclip de Horas Extra de Ataque Escampe, realizado para o Ukelele Kit Project, unha iniciativa do Gato Cósmico.

Cliente: O Gato Cósmico

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 5 min.

Son en directo: Carlos Alberte


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center