iFALA [POETARRAS]

iFALA, POETARRAS

2016

Ideamos o name da campaña e realizamos o videoclip do tema iFala, con motivo da celebración do centenario das Irmandades da Fala.

Cliente: Ora Galega

Duración: 3 min.

Composición musical: Poetarras

Gravación e posprodución de son: Pablo Lamosa 

Axudante de produción: Natalia Veiga

Interpretación: Poetarras, Isabel Risco, De Vacas, Xosé Barato, Leo Arremecághona, María Xosé Silvar e David Amor

Deseño gráfico: Desoños


SEMILLAS [TREMENDA JAURÍA]

SEMILLAS, TREMENDA JAURÍA

2019

Videoclip do tema Semillas de Tremenda Jauría feat. Fermín Muguruza.

Cliente: Tremenda Jauría

Duración: 5 min.

Lingua orixinal: castelán e euskera

Produción: Tremenda Jauría, Mauka Musikagintza e Pro21

Guión: Illa Bufarda, Pablo Prado e Cristian F. Caruncho

Ilustración lápis e cor: Pablo Prado

Ilustración tinta: Cristian F. Caruncho 

Animación, edición e posprodución: Illa Bufarda

 


CARVALHO CALERO, LETRAS GALEGAS 2020

CARVALHO CALERO, LETRAS GALEGAS 2020

2020

Peza audiovisual animada sobre a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero para conmemorar as Letras Galegas 2020.

Cliente:  AFundación, Obra Social ABANCA

Duración: 4 min.

Voz en off: Xosé Barato


FRIDA

FRIDA

2023

Deseño gráfico de cartel e marcapáxinas de Frida, obra teatral da compañía A Cova das Letras. Tamén fixemos o tráiler e o rexistro fotográfico na estrea.

Cliente: A Cova das Letras

Música: Manu Paino

Para o deseño gráfico inspirámonos no vestiario que elabora La Canalla para a obra teatral. Unha roupa chea de texturas, detalles e cores coa que recrean os cadros máis icónicos de Frida.

OUTROS TRABALLOS


A GUERRA DE ESPAÑA EN GALICIA

A GUERRA DE ESPAÑA EN GALICIA

2023

Vídeo divulgativo animado sobre a Guerra de España en Galicia para Memoria de Elefanta, un proxecto de memoria histórica dirixido á mocidade.

Cliente: Concello de Pontevedra

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 11 min.

Guión: Cristina Corral Soilán e Illa Bufarda.

Asesoramento: María Xesús López e Xosé Álvarez Castro

Voz en off: Rocío González

Estudio de gravación: NVelar

Músicas:  Loneliest Road de Jesse Gallagher, Nothing Left de Dave Deville, Blood Eagle de Alexander Nakarada, Compyjazz de MacLeod, Big Drumming de Kevin MacLeod e Inspiring Noir Piano Waltz de MusicLFiles


CARABUÑAS É SABUGUEIRO

CARABUÑAS É SABUGUEIRO

2019

Vídeo promocional de Carabuñas, proxecto de recuperación do sabugueiro a través de catro liñas:  alimentación, investigación, cultivo e cultura. 

Cliente: Carabuñas

Duración: 1 min.

Versións: castelán e inglés

Voz en off: Rocío González

Música: Tropanka de Oîma

Subtitulación: Árbore Azul


O LATEXO DO TEMPO HUMANO

O LATEXO DO TEMPO HUMANO. TRES PEZAS, TRES ARTESÁNS

2019

Documental que nos aproxima á materialidade efémera das comunidades da Idade do Ferro, en concreto á cultura material feita en madeira. A culler que vai á boca, a vasilla que contén o alimento e o cesto que permite almacenar e transportar, son dos obxectos menos coñecidos a nivel arqueolóxico pero que nos transportan directamente á vida cotiá das comunidades pasadas.

Cliente: Universidade de Santiago de Compostela

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 22 min.

Subtítulos: castelán e inglés

Reparto: María Martín Seijo, Tito Ledo, Lolo de Severiano e Lola Tourón

Axudante de cámara: Brân González Patiño

Música: Pour l’enfant perdu do álbum Método Cardiofónico de Germán Díaz

Subtitulación: A Sorregueira e Árbore Azul


INVENTARIO DE VESPOIDEAS

INVENTARIO DE VESPOIDEAS

2021

As vespoideas son unha familia de insectos entre as que se atopan as formigas e as avésporas. Tanto unhas coma outras son traballadoras e aplicadas e son un elo imprescindible do noso ecosistema. Nesta serie de vídeos presentámosvos as vespoideas máis vespoideas de todas as vespoideas, persoas inventoras que coa súa imaxinación e enxeño crean e constrúen nun mundo no que parece que xa está todo feito.

 

Neste Inventario de vespoideas coñeceremos a makers do país cunhas ideas magníficas, pioneiras e orixinais que non nos deixarán indiferentes.

 

Xa che picou a curiosidade das vespoideas?

Cliente: Nós Televisión

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 15 min.

Música: Two Little Bums de The Great North Sound Society , Timeless de Lauren Duski e Sage de Slenderbeats.


MANCOMUNIDADE DA FARBUDA

Mancomunidade da Farbuda

2016

Acción de guerrilla de comunicación en contra da plantación masiva de eucaliptos en Galiza. Este fake, que facía crer da existencia de coalas na comarca de Ordes, foi impulsado a través dunha conta de Facebook, coa falsa identidade dunha mancomunidade chamada Farbuda (“Bu-far-da”).

 

A acción, que tivo unha importante repercusión na rede e causou moito interese nos medios de comunicación galegos e estatais chegando a publicarse en moitos deles, foi desmentida o 1 de abril (Día Internacional das Brincadeiras). A acción contou con moitas persoas colaboradoras que se prestaron para participar no material audiovisual, na difusión da acción e na correcta documentación do proxecto.

O proxecto formou parte da exposición Plaga, no Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona (MACBA) no ano 2020, comisariada polo Grupo de Investigación de Ecologías Culturales 2019-2020.

A acción da Mancomunidade da Farbuda tamén foi publicada no caderno de fotografía Caleidoscópica no número 6, Ficções, do ano 2021.


VÍA ROSALÍA

VÍA ROSALÍA

2021

Vía Rosalía pretende afondar no legado de Rosalía de Castro dende diversas perspectivas: o feminismo, a identidade galega, a súa ollada social, a vixencia da súa pegada nas novas xeracións… a través da mirada de diversas escritoras, intelectuais e artistas galegas que afondan nunha poliédrica Rosalía traída ao presente.

Cliente: Nós Televisión

Formato: 16:9 | 1920×1080

Duración: 40 min.

Dirección: Illa Bufarda

Guión e produción: Nós Televisión e Illa Bufarda

Moderador/a entrevista: Ana Viqueira

Gravación: Illa Bufarda

Son directo: Borxa Freire López

Música: Somos legiom do Rabelo

Edición e montaxe: Illa Bufarda

Voz en off: Ana Viqueira


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center