PRESTOGAL

PRESTOGAL

2017

Vídeo explicativo e promocional do Prestogal, unha plataforma web para intercambiar, prestar ou ceder recursos entre a veciñanza da cidade de Santiago.

 

Prestogal é un proxecto de Promove en colaboración coa Asociación Veciñal As Marías.

Cliente: Concello de Santiago de Compostela

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 4 min.

Música: On Stage de David Regueiro

Voz en off: Xosé Barato


ANATOMÍA DUNHA SEREA

ANATOMÍA DUNHA SEREA

2018

Rexistro audiovisual completo e creación do teaser da obra teatral Anatomía dunha Serea, unha historia de Iria Pinheiro e dirixida por Xron para visibilizar a violencia obstétrica. 

Cliente: Grupo Chévere

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 2 min.


SCÓRPIO

SCÓRPIO DE CARVALHO CALERO

2020

Booktrailer da nova edición da novela Scórpio de Carvalho Calero para a Associaçom Galega da Língua (AGAL) e Através Editora en colaboración con Maos Innovación Social.

Cliente: Através Editora

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 2 min.

Dirección, guión e produción: Illa Bufarda 

Voces en off: Mónica Camaño, Toni Salgado, Rocío González, Xosé Barato e Paco Barreiro.

Música: Longtime de Raman e Tntation de Jahzzar


PANXOLIÑA DO POETA [OS AMIGOS DOS MÚSICOS]

PANXOLIÑA DOS POETAS, OS AMIGOS DOS MÚSICOS

2017

Vídeo musical dunha panxoliña de Nadal con letra de Manuel María e música de Os amigos dos músicos.

Cliente: Deleite

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 4 min.

A gravación realizouse na taberna cultural A Arca da Noe, en Vilar de Santos.


A REAL ACADEMIA GALEGA

A REAL ACADEMIA GALEGA

2021

Vídeo divulgativo sobre a historia da Real Academia Galega e a transcendencia desta institución na actualidade. Para a realización do vídeo empregamos animacións 2D con documentación e fotografías do arquivo da entidade.

Cliente: Real Academia Galega

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 11 min.

Subtítulos: galego, castelán e inglés

Gravación dos Cursos de Lingua e Cultura galegas: Meteórica Cine

Música: Entroido de Mera – Gankino horo. EMPA #1 da Central Folque

Voz en off: Mónica Camaño

Subtitulación: A Sorregueira Cultura e Tradução, Raquel Senra Fernández e Matthew Craig Newton


EU FICO NA LIMIA

EU FICO NA LIMIA

2020

Vídeo realizado para a promoción e posta en valor de diferentes proxectos locais da Limia. Unha idea adaptada dun anuncio de Correos Market.

Clientes: Campos Montero Xardinería, Embutidos Brincas, Madeira e moble Fandinga, O Rego de Coedo, A Arca da Noe, Hostal Rural A Escola, Daiquí, Sabor de Aldea, Carabuñas, O Colmado loxística social, Forno tradicional Faragullas e CDR O Viso

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 2 min.

Premio:

Voz en off: Alba Pazos

Música: Muiñeira tic tac de Ailén Kéndelman


FÍOS FÓRA

FÍOS FÓRA  

2015

Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

Cliente: Amarante Setem

Formato: 16:9 | 1920 x 1080

Duración: 90 min.

Lingua orixinal: galego e castelán

Subtítulos: castelán e inglés

Dirección, guión e produción: Illa Bufarda

Traballo de campo: Illa Bufarda

Produción executiva: Amarante Setem

Gravación: Illa Bufarda

Moderador entrevistas: Marcos Doespiritusanto Gallego

Son directo: Carlos Sarille

Posprodución de son: Carlos Sarille

Música: Mónica de Nut e Martin Messier

Edición e montaxe: Illa Bufarda

Posprodución: Illa Bufarda

Deseño gráfico: Illa Bufarda

Subtitulación: André Taboada Casteleiro e Cristina Río López

Financiado por: Campaña Roupa Limpa, Xunta de Galicia – Cooperación Galega


CAMIÑOS DE IDENTIDADE

CAMIÑOS DE IDENTIDADE

2020

Cliente: Amarelas Soc. Coop. Galega

Creación de cinco vídeos destacando as paisaxes, os proxectos e os bens patrimoniais que forman parte da identidade de cinco lugares polos que tamén pasa o Camiño: Cabanas, Mondoñedo, Porqueira, Rodeiro e Triacastela.


CATRINETA, A TÚA CONSERVEIRA

CATRINETA, A TÚA CONSERVEIRA

2016

Campaña premiada no IV Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego do Concello de Santiago de Compostela. Trátase dunha proposta formada por un vídeo promocional da conserveira Catrineta e por unha acción fotográfica integrada nas rúas da cidade. A través de nove fotografías diferentes protagonizadas por obreiras da conserva galega e do comercio local pónse en valor o seu traballo.

Cliente: Catrineta Conserva Galega


Illa Bufarda S. Coop. Galega
Programa ES-TRANSFORMA — Economía Social
Operación subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal

Privacy Preference Center